RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, envía cadanseu escritos á FEGAMP e á FEMP denunciando a actitude da SGAE que lle pretende cobrar ao Concello un canon por concertos e actividades organizadas por nenos ou entidades sen ánimo de lucro que se desenvolveron en locais públicos sen cobrar entrada aos asistentes. O rexedor tacha de grave a situación e agarda que máis Concellos se sumen a esta queixa.
Suárez Barcia sinala que “esta situación se non fose grave podería parecer traxicómica ou ridícula, no sentido de que a SGAE nos queira cargar ao amparo dun convenio tipo que mantemos con ela para que, por exemplo, as actuacións de teatro nos saian máis económicas cando temos que pagar o canon desta sociedade. Pero o que nos doe moito, e ademais non salgo do meu asombro despois de ler as facturas e os conceptos que nos meten como actuacións da Banda Municipal de Ribadeo, da coral dos nenos do colexio Sagrado Corazón, de Amigos da Gaita, da banda xuvenil da Escola de Música… que por todas estas actuacións de xente afeccionada, de nenos que non son profesionais, que non viven deso e que o Concello teña que pagarlle o canon á SGAE é grave. Debemos aportar máis de 2.500 euros por estes conceptos e desde logo esto non ten nome, non ten xeito e esto é un auténtico despropósito desta sociedade de autores”.
O alcalde subliñou que “estamos dirixíndonos tanto á Federación Galega de Municipios e Provincias como á FEMP para pedirlles amparo e para nos dean a súa opinión desde o punto de vista xurídico porque entendemos que non nos poden obrigar a estes pagamentos. Non discutimos aqueles outros de actividades lucrativas, de obras de teatro, etc, pero actividades nas que non cobramos entrada e que as fan e nas que participan nenos ou persoas de xeito amateur sen ánimo de lucro, e que o Concello teña que acabar pagando estes cartos é algo que nos parece fora de lugar. E por iso quero que esta queixa sexa ben alta, ben forte e contundente e espero que máis Concellos, supoño que non seremos os únicos, alcen a súa voz sobre algo que é un auténtico despropósito”.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



