FOZ .- A Asociación de Veciños “O Castro” de Foz denuncia publicamente o caos de tráfico na vila. Tal e como vimos facendo desde que empezaron as obras de canalización na Avenida da Mariña, esta Asociación de Veciños quere denunciar que segue a manterse a situación de caos circulatorio na nosa vila, sen que desde o Concello se faga nada por evitalo.
O 27 de novembro iniciáronse as obras na segunda parte da Avenida da Mariña o que motivou o seu peche total, salvo para acceso a residentes, e o funcionamento da Avenida Álvaro Cunqueiro como rúa de dobre sentido, así como o peche da rúa García Lorca, permitindo o estacionamento de vehículos nos dous lados da mesma. Evidentemente, os usuarios destas rúas (é dicir, a práctica totalidade da xente de Foz así como a xente de outros lugares que desenvolve aquí o seu traballo ou fai as súas xestións e compras) debemos ter paciencia e calma mentres duren as obras, tal e como nos pide o noso Alcalde a Policía Local, pero tamén é claro que esta reorganización do tráfico rodado debe ser totalmente regulado e controlado ben por membros da Policía Local ou ben por medio de semáforos, ademais de estudar ben como se debe sinalizar para evitar problemas. Resultou curioso que o anuncio do dobre sentido da Álvaro Cunqueiro se fixese mediante carteis postos o día 25 pola tarde informando que “probablemente” a partir do día 26 se iniciaría a nova situación.
Desde a Asociación de Veciños “O Castro” observamos como puntos conflitivos e posibles solucións os seguintes:
– O cruce Álvaro Cunqueiro – Concello de Barreiros con Concello de Ribadeo e Rúa de Lugo. Trátase dun punto de grande afluencia por ser entrada ou saída da vila así como de grande utilización para os veciños. Continuamente se producen situacións de risco debido á pouca visibilidade que ten así como ó seu trazado, polo que desde esta Asociación proponse a súa regulación por parte de axentes da Policía Local ou ben por medio da reprogramación dos semáforos existentes e instalación doutros provisionais.
– A Rúa de Lugo. Actualmente atópase pechada en dirección á Praza Salgado Toimil, excepto para residentes, o cal provoca que se unha persoa ten que acceder á avenida Valle Inclán ou á Avenida da Mariña ou a calquera das rúas desa zona (recordemos que hai un colexio), ten que dar toda a volta pola explanada do porto, o cal supón unha perda de tempo importante. Esta Asociación non entende o peche desa rúa, que ademais está sinalizado cunhas vallas que obstaculizan o acceso dos residentes, xa que fai que os vehículos teñan que facer un quebro que pon en perigo a seguridade dos seus ocupantes, dos ocupantes de outros vehículos e dos peóns. A solución pasaría por proceder á apertura desa rúa coa indicación de que a avenida da Mariña se atopa pechada por obras.
– Rúa García Lorca. Neste momento a rúa atópase pechada ó tráfico excepto para residentes, estando permitido o tráfico nos dous sentidos, permitindo o estacionamento de vehículos nas dúas beiras. Nesta rúa atópanse tres garaxes (o dun supermercado e os de dous edificios de vivendas), privados os tres, pero os tres de grande afluencia durante todo o día. Ademais esta rúa é moi utilizada polos peóns que acceden ás súas vivendas e os establecementos situados nesta rúa e na avenida da Mariña. Hai situacións de risco cada vez que un vehículo accede a esta rúa e outro quere saír, xa que o estacionamento de vehículos impide o funcionamento do dobre carril, ademais está continuamente colapsada polos vehículos de carga e descarga e todos os días hai problemas xa que non se están a respectar os vados que existen. A solución pasa por prohibir o estacionamento nunha das dúas beiras, establecer un horario de carga e descarga e proceder a sancionar os vehículos mal aparcados.
– Cruce Álvaro Cunqueiro con rúa García Lorca. O estacionamento dos vehículos no mesmo cruce impide a visibilidade para acceder á avenida. A solución pasaría por prohibir o estacionamento nunha franxa suficiente. Este problema non é de agora, xa que esta Asociación xa o denunciou, sen que se nos fixera caso, e agora vese agravado polas obras e o dobre sentido da avenida Álvaro Cunqueiro.
– Glorieta de Vilalba. O cruce converteuse nun serio perigo para todos os usuarios, ben sexan vehículos, ben sexan peóns. A sinalización non é suficiente e provoca erros graves. Esta Asociación comprende que é un cruce de difícil organización, pero non por iso entendemos que deixa de ser perigoso, esixindo ó Concello a súa regulación por medio de axentes da Policía Local.
En conclusión, desde a Asociación de Veciños “O Castro” de Foz constatamos a existencia de graves riscos motivados polas obras de canalización na Avenida da Mariña que motivaron a reorganización do tráfico. Pero tamén vemos que hai solución a todos os problemas existentes por medio dunha mellor sinalización, máis información ós usuarios da vía e con regulación do tráfico por medio de axentes da Policía Local e semáforos. Con este motivo, entre outros, a Asociación de Veciños “O Castro” de Foz solicitamos o día de onte unha reunión co Alcalde a fin de expoñerlle as nosas preocupacións e as nosas posibles solucións, esperando que nos reciba o antes posible.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



