RIBADEO .- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, visitou hoxe o peirao de Ribadeo co fin de coñecer os proxectos que acomete neste entorno a entidade Portos de Galicia, e que suman un investimento total de máis de 2.280.000 euros. Raquel Arias subliñou o volume do investimento e, sobre todo, a importancia das actuacións, “destinadas a mellorar as condicións de traballo de cantos diariamente utilizan estas instalacións, así como os servizos que ofrecen aos usuarios”.
Neste momento hai dúas actuacións en marcha e unha terceira próxima a comezar. Entre as obras iniciadas destacan as de acondicionamento do borde portuario de Ribadeo, por valor de máis de un millón de euros, consistentes no acondicionamento de toda a fachada do borde interior da dársena de Porcillán, nunha lonxitude de 400 metros na que queda incluído o porto deportivo do mesmo nome.
Raquel Arias valorou especialmente a intención “de dar preferencia ao uso peonil da zona, abrindo o porto a veciños e visitantes alleos aos labores profesionais que aquí se desenvolven; é outro xeito máis de poñer en valor o peirao”, sinalou.
Esta zona será pavimentada con materiais nobres, adoquíns de granito na zona habilitada para o tráfico, e lousa de granito para as zonas peonís. Na parte central da actuación, preferentemente nas ramplas e escaleiras existentes, recuperarase a pedra orixinal unha vez retirados os firmes artificiais con que foi cuberta nos últimos anos. Tamén se instalará mobiliario urbano e un novo alumeado.
Así mesmo, Arias interesouse polas ideas de remodelación relacionadas co edificio de actividades deportivas. En torno a instalación, ubicada nas inmediacións da dársena deportiva, plantéxanse distintas posibilidades para favorecer a súa funcionalidade e promover o desenvolvemento turístico, tal e como hoxe lle presentou o presidente do Club Náutico, Mario Coto.
Neste sentido, a delegada territorial animou ao directivo da entidade a presentar un anteproxecto que, segundo indicou Arias, será estudiado con atención por parte da Xunta de Galicia.
Ao mesmo tempo, Portos de Galicia está a aumentar a cota do peirao comercial de Ribadeo para evitar as inundacións que periodicamente producían as mareas vivas. As obras, cun orzamento de 826.700 euros, consisten na elevación do nivel da superestrutura da zona norte do peirao ao longo de 198 metros, regularizándoa a unha altura de 5,10 metros –o que coincide co nivel do resto do peirao. Será preciso incrementar a cota noutros puntos do peirao, así como proceder á elevación de todos os pavimentos, da baliza da punta do peirao comercial, da caseta e doutros elementos afectados.
Por último, en breve dará comezo a construción dun edificio de servizos portuarios, adxudicado en 461.100 euros e que conta cun prazo de execución de nove meses. Será un edificio de dúas plantas situado na área comercial da explanada portuaria, adosado á nave de almacenamento. Incluirá oficinas, despachos, sala de reunións, servizos hixiénicos e vestiarios, ademais dun almacén e garaxe con acceso independente e conexión coas outras dependencias.




















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



