COMPOSTELA .- Dende hai anos, ADEGA vén desenvolvendo campañas relacionadas con diversos aspectos do Nadal: “Neste Nadal… os meus agasallos sen pilas” ou a “Carta das raíñas magas” foron algunhas das iniciativas que invitaban a reflexionar sobre a importancia da contención no consumo no Nadal. Con este caderno queremos achegar aos Fogares Verdes unha lectura reflexiva nestas datas nas que o consumismo parece convertirse na motivación principal das celebracións. Xuntanzas para celebrar unhas festas nas que os curtos días convidan a longas ceas e xantares, nas que se intercambiar agasallos e onde a solidariedade e a paz parecen estar presentes. Porén, as cegadoras luces destas celebracións (que ben poderían chamarse as festas do consumismo) impidennos ver o seu alto custo ambiental, económico e social.
Nestas datas aumenta o consumo de enerxía, produción de resíduos, etc. ao mesmo ritmo que sube o nivel de estrés e ansiedade. Unha cousa é planificar e adiantar a compra para non caer no consumismo e as presas de última hora, especialmente na época máis cara do ano, e outra ben distinta é que o nadal comece uns días despois da volta ao cole. Dende ADEGA solicitamos ás administracións, grandes superficies e cidadáns responsabilidade e consciencia, xa que o consumismo ten consecuencias ambientais, sociais e económicas. A polución derivada do consumismo (residuos, pilas…), o gasto enerxético desmesurado dos concellos (algunas cidades xa están poñendo o alumeado de nadal) ou dende o plano social, a esquilma de recursos naturais doutros países, xa que detrás de moitos dos produtos que mercamos e levamos ás nosas casas hai agochadas persoas que están pagando un alto prezo para que nos os disfrutemos, son algunhas das consecuencias do hiperconsumismo desaforado e irresponsábel.
O presente caderno recolle algúns aspectos das nosas campañas de concienciación cidadá e actualiza e incorpora novas temáticas e propostas. Trátase dun formato similar ao entregado aos Fogares Verdes no comezo do programa, daquela con información e consellos xerais de auga e enerxía.
Desta volta o Nadal é o eixe e o fío condutor de ideas acompañadas de consellos para tentar que a pegada ecolóxica navideña sexa menor. A intención é que estas ideas se fagan extensíbeis ao resto do ano. Podemos aproveitar os días de lecer para continuar tomando conciencia do noso papel na sociedade e das posibilidades de cambio e mellora do medio que nos rodea.
O caderno trata cuestións como a publicidade, os agasallos, os resíduos, a alimentación, a roupa ou os transportes. Presenta pois unha maneira un chisco diferente, máis consciente e eficiente de vivir estas festas. Asemade presenta iniciativas culturais como a de recuperar a figura galega do Apalpador ou recomenda lecturas interesantes para estas días.
A publicación traduciuse xa ao castelán para difundilo entre a rede estatal de “Hogares Verdes”, chegando pois a fogares de Segovia, Madrid, Catalunya ou Zaragoza.


























A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



