Nota de Prensa
A iniciativa contou co voto favorable de todas as forzas políticas, e agora será trasladada ao resto dos concellos da Mariña onde se vaia a debater proposta para axilizar a construción desta infraestrutura
O PLENO MUNICIPAL DE CERVO APROBA RECLAMAR AO GOBERNO CENTRAL QUE COMO MÍNIMO INVISTA NO TREITO ESTATAL DO CORREDOR UNHA CANTIDADE SIMILAR AO PREVISTO POLA XUNTA NO TREITO DA SÚA COMPETENCIA
· O Goberno de Feijóo prevé investir no treito lucense da súa competencia 32,3 millóns de euros pola adxudicación das obras entre San Ciprián e Celeiro, e 5,8 millóns de euros máis, consignados nos orzamentos de 2010.
A Mariña, 03 de decembro de 2009.- O Pleno Municipal do Concello de Cervo, co voto unánime de todas as forzas políticas, acordou reclamar ao Goberno central que, como mínimo, invista no treito da súa competencia unha cantidade similar ao previsto pola Xunta para o tramo lucense do corredor. Segundo o reparto establecido no seu día ao Goberno do Estado correspóndelle executar o treito do corredor que une as localidades de San Ciprián (en Cervo) e Barreiros (conexión coa autovía do Cantábrico) mentres que á Xunta de Galicia deberá construír o treito entre San Ciprián e Ferrol.
O Executivo que preside Alberto Núñez Feijóo aprobou un orzamento de 32. 329.182 euros para a adxudicación das obras desta vía entre Celeiro e San Ciprián (DOGA 21/07/2009) e, a maiores disto, consignou unha partida orzamentaria expresa nas contas da Xunta para 2010 próxima aos 5,8 millóns de euros (4.554.830 euros para obras e 1.277.032 euros para expropiacións). A devandita situación contrasta co comprometido polo Goberno central para o treito da súa competencia que ascende a uns raquíticos 10.000 euros.
Resulta complicado comprender a posición belixerante do PSOE que reclama na Xunta a necesidade de axilizar as obras desta vía cando desde o Goberno central, nin compromete, nin achega, nin executa, o orzamento necesario para que tamén esta vía poida entrar en servizo nun prazo temporal próximo.
O Partido Popular da Mariña trasladará esta mesma petición, acordada polo Pleno municipal de Cervo, ao resto dos concellos da nosa bisbarra nos que aínda está pendente de debaterse a proposta sobre a axilización das obras do corredor. Deste xeito buscará un acordo unánime do conxunto das entidades locais da nosa comarca en apoio da importancia desta nova vía, chamada a vertebrar e comunicar o norte das provincias de Lugo e A Coruña.




















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



