Nota de Prensa
Veiga urxe que o gas chegue a Mariña antes de 2012
O BNG demanda ao Ministerio de Industria a que licite o tramo Mariñao do Gasoducto
O Bloque Nacionalista Galego ven de rexistrar unha Proposición non de Lei no Congreso dos Deputados na que insta ao Ministerio de Industria para que adxudique as obras da rede de transporte primario nos tramos Guitiriz-Lugo e o gasoducto da Mariña Luguesa o máis axiña posíbel para garantir a súa posta en marcha non máis aló de 2012.
A proposta dos nacionalistas é coherente co acordo unánime da cámara galega do 29 de Setembro de 2009 no que urxía ao Ministerio de Industria a que se desbloquease a adxudicación das obras desta infraestructura tan importante para o desenvolvemento económico da Mariña. Neste sentido o Portavoz Comarcal do BNG afirmou “ que a posta en funcionamento do gasoducto da Mariña é unha actuación central para a nosa dinamización económica, na medida que vai permitir diminuír os costos de explotación a moitas empresas da Comarca. Non contar cunha rede gasística sitúa ao noso tecido industrial nunha situación de dificultades para competir con outros territorios de Galiza, nun contexto de aumento dos prezos do gasóleo e da electricidade”. Veiga lembrou tamén que a propia Alcoa facíase eco recentemente da necesidade que o gas chegase a factoría de San Cibrao a fin de aumentar a competitividade deste centro de traballo. “Hai que ter en conta que estamos diante dun grande consumidor eléctrico, no que a marxe de beneficio ven definido polo costo da factura eléctrica” recalcou Veiga.
Os nacionalistas recordaron que as infraestructuras gasísticas contempladas na planificación dos sectores do gas e a electricidade para o período 2008-2016 aprobada no pasado mes de maio, e en concreto no que afecta ao noso territorio, é preciso acometer as obras para incrementar a capacidade de transporte, polo que se precisa de un reforzo do Gasoducto Troncal Galego, que tería que estar incorporado no proxecto reforzo Eixo Norte. Nesta liña é preciso acometer as obras pendentes nos tramos Guitiriz – Lugo e Lugo – Villafranca del Bierzo, así como o ramal da Mariña, planeando a súa construcción para os anos 2012 e 2013 respectivamente con un total de 120 quilómetros de longo.
O Bloque Nacionalista Galego lembrou que segundo establece o Real Decreto lei 6/2009, de 30 de abril no que se establecen medidas que afectan directamente ao sector enerxético, define que os gasoductos da rede primaria que formen parte da rede mallada teñen que ser autorizados de forma directa á empresa que teña a xestión técnica do sistema. No caso desa importante infraestructura o xestor técnico do sistema é a empresa Enagás
Xa por último Veiga afirmou que “o propio de Industria ten recoñecida que mantén pendente a adxudicación da construcción da fase Guitiriz – Lugo, o que nos leva a pensar que esta infraestructura non estea en funcionamento nos prazos establecidos. Asemade por parte do Goberno do Estado tense tamén afirmado que fica pendente a construcción do ramal da Mariña do referido gasoducto, isto é a liña, que arrancando do corredor troncal de servicio aos Concellos da Mariña desde Ribadeo a Viveiro”

















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



