Nota de Prensa
REGO DI QUE “HOXE CONFIRMÁRONSE NO PARLAMENTO AS MENTIRAS DO PP SOBRE PAC DE FOZ”
– Denucia que o Goeberno de Feijoo non ten ningunha previsión para a posta en marcha do Pac de Foz, e unicamente se comprometeu a estudar a posibilidade de poñer en servizo unha ambulancia sanitaria ou medicalizada
– O deputado socialista lamenta que o retraso, por parte da Xunta, na posta en funcionamento das escola infantil de Foz e aínda que valorou que finalmente asuma o compromiso de facelo no 1 trimestre do 2010
Santiago de Compostela , 17 de decembro de 2009. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael interpelou hoxe, na Comisión 5ª do Parlamento, ao Goberno autonómico sobre a posta en marcha do PAC de Foz e a demora da escola infantil, desta localidade lucense.
Rego afirma que trala intervención da Directora Xeral de Saúde Publica, na citada comisión, para dar resposta á pregunta do PAC, sinala que confirma as mentiras do PP sobre o PAC de Foz na pasada lexislatura.
Argumenta que a Directora Xeral dixo, na comisión, que non ten ningunha previsión para a posta en marcha do Pac de Foz, e unicamente se comprometeu a estudar a posibilidade de poñer en servizo unha ambulancia sanitaria ou medicalizada.
Con estes argumentos Rego lembroulle, na súa intervención, a responsable do Goberno autonómico, as reiteradas promesas o PP no Parlamento na pasada lexislatura a través de distintas Proposicións. Sinala que nestas iniciativas o Partido de Balseiro esixía e comprometíase coa posta en servizo do Posto de Atención Continuada en Foz, nun prazo non superior a 3 meses. Por iso advirte que despois de levar 8 meses gobernando non deron nin un so paso na mellora da atención sanitaria de Foz “quedando ao descuberto as mentiras do Goberno de Feijoo e dos deputados do PP da zona”, que claramente acaba de poñer ao descuberto a Directora Xeral de Saúde publica, cando afirma no Parlamento que o actual goberno non ten previsto executar esta infraestrutura.
Na citada comisión, tamén interpelou ao xerente do consocio sobre a escola infantil de FOZ. Lembrou o gran esforzo feito polo alcalde de Foz para Adquisición dun inmoble a disposición da Xunta co obxectivo de atender unha gran necesidade existente neste concello, o que permitiu o asinamento dun convenio co anterior goberno para a rehabilitación do inmoble, e que deixou rematadas as obras “só están pendentes da dotación de equipamentos”, sinalou que “ o actual Goberno de Feijoo tivo paralizado durante os pasados 8 meses e privado ás familias de Foz, dun servizo básico para conciliación da vida familiar e laboral”, relatou. O deputado socialista lamenta que o retraso, por parte da Xunta, na posta en funcionamento das escola infantil de Foz e aínda que valorou que finalmente asuma o compromiso de facelo no 1º trimestre do 2010.
Con todo o deputado socialista valorou positivamente que finalmente o Xerente do consocio asumira o compromiso no Parlamento, de licitar nos próximos días os equipamentos precisos para a posta en marcha da escola infantil. Un feito- segundo anunciou- que se producira no 1º trimestre do ano que ven.
Rego explicou que este tipos de convenios son beneficiosos xa que están baseados na cooperación institucional co fin de dotar de servizos e equipamentos básicos para a poboación, do que o Concello de Foz, esta a ser un referente que non estaría de mais que a Xunta tomase coma exemplo para futuras actuacións baseadas na cooperación e na lealdade institucional.
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



