NOTA DE PRENSA
A situación de Foz, a proxecto de lei de economía sostible, o paro e o modelo de financiación autonómico centraron a reunión do comité de dirección do PP de Lugo
Lugo, a 4 de novembro de 2009.- O comité de dirección do Partido Popular de Lugo celebrou hoxe outra das súas reunións quincenais na que analizaron temas de actualidade e estructuraron o plan de traballo a seguir.
A crise de goberno que se está a vivir no concello de Foz tras a decisión do alcalde de cesar ó primeiro tenente de alcalde foi un dos asuntos abordados. Neste senso o comité de dirección dos populares lucenses considerou que, á marxe do problema interno que vive o Partido Socialista neste municipio e que por tanto lle compete á propia formación dirimir, hai un grave problema de gobernabilidade no municipio que afecta ós intereses do conxunto dos veciños. Neste contexto os populares amosaron a súa preocupación polo futuro do Concello e consideran prioritario que o alcalde aclare as razóns que o levaron a tomar a súas decisión e explique como se vai a organizar o seu goberno a partir de agora.
O novo incremento do desemprego no mes de novembro, cunha suba de 60.593 pesoas, un 1,6% máis con respecto ó mes anterior, que sitúa a cifra total de parados en preto de catro millóns foi outro dos temas analizados na xuntanza de hoxe. A situación, ó entender dos populares, é gravísima e insostible e o peor, segundo indicaron, é que as previsións non son nada favorables para os vindeiros meses. A este respecto suliñaron que a política de emprego, e por extensión, a económica que está a seguir o Goberno de Rodríguez Zapatero é un absoluto fiasco con consecuencias a moi longo prazo porque, segundo recalcaron, será moi difícil, se non se rectifica xa, poder reencauzar a coxuntura actual.
O proxecto de lei de economía sostible tamén ocupou a análise do comité de dirección dos populares, que entenden que no é máis que outra ocurrencia do Goberno Zapatero, froito da súa habitual improvisación en materia económica. É ademais, o seu entender, un proxecto inconcreto, no que se mete de todo pero que non ofrece resposta axeitada ós principais problemas nos que está inmersa a economía deste país e que, sobre todo, non atende ó principal problema que hai neste intre que non é outro que o desemprego.
Outro dos asuntos abordados foi a aprobación no Senado dunha enmenda ó Proxecto de Lei de financiación autonómica plantexada polo Partido Popular para que o Estado aporte un fondo de 250 millóns de euors ás Comunidades Autónomas, que como é o caso de Galicia, teñan unha densidade poboacional inferior á media e outro de outros 250 millóns para as que teñan unha dispersión de poboación superior á media, en lugar dos 50 millóns previstos inicialmente para cada variable. O comité de dirección do PP de Lugo foi moi crítico co feito de que o Partido Socialista, e máis concretamente os senadores galegos desta formación, votaran en contra da mesma pese a que a medida vai a beneficiar sustancialmente a Galicia.


















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



