Nota de Prensa
O GPPP critica que nin Besteiro nin ningún vicepresidente representou á Deputación na celebración da Constitución
* Os populares lembran que o Presidente e os tres Vicepresidentes cobran en conxunto 250.000 euros anuais e que entre as súas funcións está a de representar á institución provincial
Lugo, a 9 de decembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular criticou que nin José Ramón Gómez Besteiro nin ningún dos outros tres vicepresidentes da Deputación “tivo a ben” asistir ó acto de commemoración da Constitución que tivo lugar o pasado domingo na Subdelegación do Goberno, polo que a representación de toda a provincia recaeu no voceiro socialista Antonio Gato.
Para os populares, “a imaxe da institución provincial non quedou tocada, quedou afundida, porque o espectáculo que se deu foi vergoñento e representativo do pouco ou nulo apego que lle teñen ó traballo e á propia Deputación”. Consideran ademais que non é ético que nos tempos actuais, coas dificultades económicas que están a sufrir a maioría dos lucenses, con familias enteiras con todos os seus membros sin percibir ningún ingreso, persoas que cobran sueldos importantes nin tan sequera cumpran coas súas mínimas obrigacións porque se atopan disfrutando da ponte.
Dende o GPPP lembran que entre Besteiro e os tres vicepresidentes cobran anualmente máis de 250.000 euros e que entre as súas funcións está a de representar á institución provincial que, ó tempo, significa representar ó conxunto dos cidadáns da provincia.
Os populares indicaron que “xa é de todos coñecido o pouco cariño que lle tén Gómez Besteiro ó traballo, aínda que cobre 70.000 euros ó ano, pero co que non contábamos é con que non se puidera contar precisamente con el para representar á provincia. A non ser que non asistira porque non ía ser o foco da atención prioritaria das cámaras. O mesmo que lle acontece á vicepresidenta segunda, Lara. Méndez, que ten soldo de máis de 60.000 euros.
No que respecta ós vicepresidentes do BNG, os populares lémbranlles que como tales vicepresidentes están representando ó conxunto da provincia e non ó seu partido. Engaden ademais que “é totalmente incompatible cobrar 70.000 euros ó ano no caso do Presidente da Deputación e máis de 60.000 cada un dos vicepresidentes e non representar ós cidadáns como é debido e por riba pedir que desaparezan as Deputacións”.
O GPPP adiantou que interesarase no vindeiro pleno da Deputación polas razóns polas que esta institución non tivo representación nos mencionados actos.



















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



