Nota de Prensa
Rivera nega agora a validez dun informe que el mesmo remitiu en abril a Urbanismo para solicitar a suspensión das normas e a elaboración dunha normativa provisoria
Foz, 19 de decembro de 2009.- As declaracións que ven de facer públicas o Alcalde de Foz, José María García Rivera, en relación cun informe do Arquitecto Municipal , con data 21 de Abril de 2009, no que afirma que se procedeu a modificar en 1990 as Normas Subsidiarias de Planeamento, lonxe de aclarar ningún dos supostos plantexados polo técnico municipal competente na materia, o que veñen é a criar aínda máis confusión, na medida en que non desminte o feito obxecto do escrito do técnico. Non é o BNG quen está afirmando que se prescindiu do procedemento legal para modificar o planeamento, senón os propios servizos do Concello, polo que as afirmacións de Rivera semellan escusas coas que pretende agochar a súa responsabilidade neste feito particularmente grave.
Na mesma liña a afirmación de Rivera de que existe no Concello un informe da Dirección Xeral de Urbanismo, que segundo o Arquitecto Municipal, recolle que as ordenanzas SU/NR (Solo urbano de Núcleo Rural) e SNU/A (Solo Non Urbanizable de Aldeas) das NSP non son de aplicación ás delimitacións de núcleo aprobadas pola Comisión provincial de Urbanismo de Lugo en 1991 o que fai é aumentar a nosa preocupación. O BNG considera que Rivera debe facer público este informe para que os grupos da Corporación e os veciños de Foz coñezamos o mesmo en todos os seus termos e sobre todo para saber os fundamento de dereito desta resolución, así como o seu alcance xurídico. Non deixa de ser curioso que o Alcalde poña en dúbida a validez do mesmo, isto é, volve a súa liña clásica de cando algo lle quita a razón en termos legais non lle da validez. En todo caso se non ten nada que agochar sobre o mesmo, que o faga público.
O Bloque Nacionalista Galego tamén demanda que Rivera faga públicos eses informes que segundo el lle quitan a razón tanto ao informe do arquitecto municipal como ao informe da dirección xeral de urbanismo. Non hai que esquecer, e Rivera debía sabe-lo ben, por ser especialista en pantanais urbanísticos, que a persoa competente no Concello de Foz para informar sobre esta materia é o arquitecto municipal segundo se establece na clasificación funcional de postos de traballo do Concello así como na convocatoria da praza do mesmo recollido tanto no BOP como no DOG. Así e todo, resulta escandaloso que Rivera lle reste validez ao Informe do Arquitecto Municipal, cando el mesmo votou mao deste informe, e mesmo llo remitiu con data 22 de Abril de 2008 (rexistro de Saída nº487 do Portelo único do Concello) ao Director Xeral de urbanismo , para que en base as consideracións nel recollidos se procedese a suspender o planeamento do Concello de Foz e se procedese a dictar por parte da Xunta de Galiza unha normativa provisional.
Neste sentido os nacionalistas queremos informar aos veciños de Foz que con data 22 de Abril de 2008 (rexistro de Saída nº487 do Portelo único do Concello) Rivera diríxese á Dirección Xeral de Urbanismo afirmando que: ”solicito ante esa Consellaría que se proceda a iniciar o correspondente expediente regulado no artigo 96 da Lei do Solo de Galicia pola que suspenda en todo ou en parte, a vixencia das normas Subsidiarias de Foz do ano 1981” para rematar afirmando na solicitude de suspensión “acompañase a este escrito informe do Arquitecto Municipal”. Que curioso que o escrito que agora lle resta validez é este informe do arquitecto municipal do 21 de Abril de 2009. Que cambiou desde o 21 de Abril de 2009 até hoxe?. Por que o que era válido hai menos de seis meses, agora non vale? Pódese ser tan irresponsábel de pretender adoptar unha decisión de tal envergadura, como a suspensión do planeamento, e agora afirmar que o informe que a sustenta non se axusta á legalidade?. Remitiu copia a Dirección Xeral de Urbanismo deses supostos informes que negan o contido do exposto no informe do Arquitecto Municipal?. É igual de grave que a de Barreiros a situación de Foz para solicitar a suspensión do planeamento e a elaboración dunha normativa provisional?
O Bloque Nacionalista Galego considera claros e probados tres feitos:
a) Que existe un informe do Arquitecto Municipal 21 de Abril de 2009, no que afirma que se procedeu a modificar en 1990 as Normas Subsidiarias de Planeamento de xeito ilegal.
b) Que existe un informe da Dirección Xeral de Urbanismo que abonda sobre a aplicación indebida das ordenanzas das normas do 81, en determinadas bolsas de solo do Concello.
c) Que o informe de 21 de Abril de 2009, ao que hoxe lle nega validez, foi remitido por Rivera á Dirección Xeral de Urbanismo o 22 de Abril de 2009 para que en base ao mesmo a Xunta procedese a suspender o planeamento como en Barreiros ou Viveiro.
Xa que logo os nacionalistas demandamos de Rivera que rectifique as declaración feitas sobre o traballo dos servizos municipais e dea explicación convincentes sobre estes feitos que relatamos e que de xeito sucinto lle resumimos neste último parágrafo.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



