Nota de Prensa
Crecente malestar entre os xubilados da nosa comarca tras comprobar con estupefacción que a final de mes cobran menos que en decembro do ano pasado a pesares de que lles anuncian que as van a revalorizar
O PP DENUNCIA QUE 18.700 PENSIONISTAS DA MARIÑA VÉN REDUCIDA A SÚA PENSIÓN COMO CONSECUENCIA DA SUBIDA DE IMPOSTOS DE ZAPATERO
* A decisión do Goberno central de suprimir a dedución dos 400 euros, implica un aumento da retención fiscal do imposto da renda, que reduce o salario que reciben miles de traballadores e pensionistas.
* A pensión media en Lugo é a segunda máis baixa de toda España, e no caso da viudez a de menor contía de todo o territorio nacional
A Mariña, 29 de xaneiro de 2010.- O Partido Popular da Mariña vén de denunciar, a través do seu secretario xeral, Jose Manuel Balseiro Orol que máis de 18.700 pensionistas da nosa comarca vén reducida a súa pensión como consecuencia da subida de impostos auspiciada polo Goberno de Jose Luis Rodríguez Zapatero. Os populares queren facerse eco do crecente malestar entre os xubilados da Mariña despois de que estes puidesen comprobar con estupefacción que a final de mes cobran menos que en decembro do ano pasado, a pesares de que se lles anunciou por carta que as súas pensións se revalorizaron nun un por cento.
A explicación á perda do poder adquisitivo dos pensionistas está na decisión do Goberno socialista central de suprimir a dedución dos 400 euros, promesa estrela do PSOE nas pasadas eleccións xerais. A eliminación desta dedución trae consigo un aumento da retención fiscal do imposto sobre a renda (IRPF), que implica un recorte do salario que reciben miles de traballadores e pensionistas cada mes.
O Partido Popular cuestiona que o PSOE, tal e como presume, estea especialmente comprometido polas políticas sociais xa que, como todos poderán comprobar no extractos bancarios, o Executivo socialista fai que os pensionistas sexan os que máis sofren os erros na xestión da economía e da crise que protagoniza Zapatero. A demais de ver reducidas as súas percepcións, mes a mes, e con elo a capacidade adquisitiva, o dano pode ser maior se a isto lle engadimos os prexuízos que provocará a proxectada suba doutros impostos como é o caso do IVE, que se paga en calquera compra.
PENSIONISTAS E TRABALLADORES OS MÁIS PREXUDICADOS
Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, son 18.716 os homes e mulleres residentes nalgún dos concellos das bisbarras mariñáns con máis de 65 anos e, polo tanto, potencias beneficiarios de pensión. A estes hai que engadir as prexubilacións así como tamén aqueles pensionistas que, pese a residir na Mariña non forman parte do padrón municipal.
Pero non só os xubilados son os prexudicados pola máis importante subida de impostos da historia de España que proxectou o Goberno socialista, senón que tamén moitos traballadores que comprobarán como se incrementa o porcentaxe de retención na súa nómina por IRPF e, polo tanto, que tamén perderán poder adquisitivo, ao ver reducido os seus salarios mensuais na mesma proporción.
AS PENSIÓNS MÁIS BAIXAS DE ESPAÑA
A Mariña lucense e, de xeito especial, a nosa provincia sufre con especial intensidade este recorte nas pensións. Isto é así porque segundo os datos do Instituto Nacional da Seguridade Social Lugo segue a ser a segunda provincia – só superada por Ourense- coa pensión media máis baixa de España.
A estatística tamén revela que a segunda pensión que ten máis beneficiarios en Lugo é a de viuvez. Páganse 29.826 prestacións deste tipo, cunha contía media de 392,88 euros, a máis baixa do conxunto do territorio nacional.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



