SANTIAGO .- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de aprobar un orzamento inicial de 100.000 euros para actuacións de inmediata execución fonte aos asolagamentos acontecidos na Mariña lucense, durante esta fin de semana.
NOTA DE PRENSA
A Xunta financiará actuacións inmediatas co fin de solucionar os asolagamentos na Mariña Lucense
Os traballos que se levarán a cabo céntranse na apertura de leitos, a través da limpeza do leito para evitar novas inundacións e na reposición de estruturas
* Augas de Galicia está a avaliar a situación con técnicos desprazados á zona e en coordinación coas autoridades locais
* Dende Augas de Galicia levarase a cabo unha análise das causas das inundacións a través dun estudio da capacidade hidráulica dos diferentes treitos, así como das estruturas fluviais existentes, e actuacións en marxes e estruturas
Santiago, 25 de xaneiro de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de aprobar un orzamento inicial de 100.000 euros para actuacións de inmediata execución fonte aos asolagamentos acontecidos na Mariña lucense, durante esta fin de semana. Trátase de accións de emerxencia, que consisten na apertura de leitos, a través da limpeza do leito para evitar novas inundacións e na reposición de estruturas (pontes caídos, prolongación de muros de protección).
Cómpre sinalar que o pasado sábado, 23 de febreiro, nesta comarca de Lugo produciuse un fenómeno meteorolóxico en forma de chuvia torrencial que trouxo como consecuencia un desbordamento de varios ríos da comarca e asolagamentos en diferentes lugares e núcleos de poboación, en especial no concello de Cervo pero tamén noutras zonas de Xove, Viveiro ou Foz. Segundo os datos da web de Meteogalicia, na estación meteorolóxica automática de Penedo do Galo (Viveiro) se recolleron nese día 77,3 l/m2 de choiva, a máis elevada dende o ano 2005.
Dentro destas actuacións de carácter urxente, traballarase na protección de leitos, polo que se farán labores de limpeza do leito completo, tala de árbores que invaden o leito do río, ampliación do leito, e a revisión xeneralizada de muros de protección de marxes.
Augas de Galicia está a avaliar a situación con técnicos desprazados á zona e en coordinación coas autoridades locais. Segundo as primeiras impresións, semella que as inundacións afectaron a camiños, edificacións, pontes e outros servizos, ademais de provocar un cúmulo de sedimentos nos leitos formados por grandes pedras, árbores e lodo, co que a capacidade hidráulica dos ríos vese reducida.
As causas máis probables das inundacións débense a obstrucións debidas a estruturas, a pequena luz nas mesmas puido provocar a acumulación de ramas e outra vexetación en pilas, estribos e barandillas, reducindo considerablemente a capacidade hidráulica. Outro factor que puido influír foron os desbordamentos, por redaccións puntuais do ancho dos ríos en zonas urbanizadas, respectándose exclusivamente o leito de augas baixas, insuficiente para as riadas; e a erosión e sedimentación, xa que tamén incidiron de maneira importante nos desbordamentos en algunhas zonas. Estes fenómenos agrávanse, nalgúns casos, pola estreitez do río, o que motiva altas velocidades e un aumento do calado dos cursos fluviais. O volume de grandes pedras arrastradas é importante e as erosións das marxes e estruturas do leito son tamén de consideración.
Actuación ao longo prazo
Por outra banda, dende Augas de Galicia sinalan que a longo prazo é necesario centrarse na mellora dos aspectos sinalados con anterioridade, para tratar de minimizar os problemas que se producen nesta zona ante fenómenos de chuvia como o da pasada fin de semana. Nese senso, propóñense realizar unha análise das causas das inundacións dos ríos desbordados, un estudio da capacidade hidráulica dos diferentes treitos, así como das estruturas fluviais existentes, e actuacións en marxes e estruturas.
Augas de Galicia está desenvolvendo un sistema de predición de asolagamentos chamado Artemis que actualmente se encontra en fase de calibración. Este mecanismo toma os datos continuamente das predicións meteorolóxicas, para determinar o risco de desbordamento de determinados ríos. Neste caso, os ríos afectados incluídos no sistema son o Landro, o Covo e o Ouro e tanto para eles como para o resto de Galicia Costa se traballa en adecuar o modelo desenvolvido ás condicións reais dos ríos, o que permitirá unha mellor xestión de fenómenos como o sucedido na pasada fin de semana.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



