RIBADEO (FNC).- Cos votos favorables de BNG e PP e a abstención de PSOE e UPRI quedou aprobado no pleno ordinario de onte o proxecto modificado e de nova licitación das obras de mellora dos tramos urbanos da rede de estradas do Estado transferidos ao Concello. O alcalde de Ribadeo lembrou que “tivemos que pospoñer as anualidades previstas para 2009-2010 e trasladalas a 2010-2011 a raíz dunha serie de deficiencias que se viron na redacción do proxecto inicial e despois non daba tempo a xustificar eses cartos, por iso tivemos que facer ese cambio”.
Fernando Suárez considera que “esa licitación irá adiante finalmente e contamos que durante este 2010 se execute a maior parte da obra agora aproveitando que ven o bó tempo para cando eso se poida adxudicar, que será aló pola primavera e se poida facer con comodidade para todos e que redunde nun beneficio para toda a poboación de Ribadeo”.
Ordenanza de cemiterios municipais
O rexedor amosóuse moi sorprendido, perplexo e disgustado “coa actitude que tiveron o resto de grupos PP, PSOE e UPRI cunha proposta que o alcalde quixo facer con boa fé desde o principio como era a modificación da ordenanza reguladora da taxa pola prestación do servizo de cemiterios municipais. Esta ordenanza que levamos tres meses debatindo entre todos os grupos, onde a magnanimidade do goberno non poder ser posta en entredito dado que tentamos asumir as propostas de todos de cara a facer un regulamento de consenso”. Suárez Barcia sinalou que “o problema do cemiterio municipal de Ribadeo é que ten moi pouco espazo dispoñible e con dúas remesas máis de nichos a súa superficie pode quedar colmatada e iso pode xerar problemas despois. Ao mesmo tempo hai unha serie de nichos, tumbas e panteóns que se atopan abandoados e tiñamos problemas legais para poder incidir sobre eso. Por todo esto e unha serie de cuestións máis quixemos actualizar esta ordenanza e aí contamos co apoio de todos ata que chegou o día do pleno e decidiron por unha maniobra máis política que outra cousa non aprobala argumentando que nesta ordenanza se contemplaba unha subida de taxas e que non era o momento”.
O alcalde dixo que “esto choca moito cando a concesión de 3 nichos e un osario a 99 anos debe ser a máis barata ou das máis baratas de todo o estado español xa que se cobran 1.000 euros. En calquera parroquia onde exista un cemiterio e calquera poida facer uns nichos, seguro que si contrata un albañil para que llos faga será máis costoso que eso e aquí a concesión é a 99 anos, prácticamente perpetua, e dicir que é un despropósito a suba de 1.000 a uns 1.300 ou 1.400 euros eu creo que están fora de toda razón, como que se preocupen de que subimos moito os panteóns, cando subimos un 25% partindo dunha base extremadamente baixa. Na miña humilde opinión quen pode pagar un panteón entendo que pode asumir ese incremento sobre unhas taxas absolutamente desfasadas de baixas que son. Insisto en que o espazo é limitado para todo esto”.
O que lle disgusta a Fernando Suárez dos grupos municipais “é que non tiveron ningún reparo para cobrar as dietas de varias reunións para chegar a un acordo e cando chegou o día botárono por terra, entón puidéronlle ter aforrado ao alcalde e ao goberno todo este traxecto para ao final dicir que non”. O rexedor suliña que “todas esas taxas estiveron sempre aí na proposta e ninguén amosou o máis mínimo sonroxo por ese leve incremento”.





















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



