No inverno, os probes teñen que sobrevivir como poden. Cando o frío chega ate os ósos hai que buscar maneira de escorrentalo e vale calquera cousa: unha fogueira nun bidón, unha estufa vella que queima mal, un braseiro con mala combustión. O caso é quentar o corpo. Ao pracer da calor os músculos vanse relaxando, a mente vaise durmindo, o gas velenoso vai invadindo o corpo sen darse conta e chega o sono nun sopor eterno. Chega a morte silenciosa.
Había unha vez un país chamado Kalinia que creu as andrómenas de promesas máxicas que ían solucionar todos os males, achegouse á luz do espellismo e elixiu un novo líder, matinando en que “calquera tempo pasado foi mellor” e na ignorancia de non coñecer todo o poema, que máis abaixo di “..aunque después de acordado da dolor”.
Empezou a andaina cara a salvación destruíndo todo canto fixera o goberno anterior, supoño que coa intención de non deixar rastro histórico que puidese propiciar un novo cambio. Desfíxose o sistema de asistencia social e as axudas ás persoas dependentes, cos cartos de todos pagáronse as concesións do plan eólico para darlle a ganancia aos amigos de afastadas terras, fixeron desaparecer as galescolas para que os nenos non soubesen das súas raíces, minguouse a asistencia sanitaria pública privatizando a súa xestión, deteriorouse o ensino público con decretos segregadores para que a mocidade fose perdendo a propia identidade, esnaquizouse a costa, desatendeuse o campo e as explotación gandeiras perderon competitividade, aumentou o paro. E ninguén se rebelou porque tamén “fixo escribir os libros ao seu modo”.
Aproveitando o relaxo muscular e a vontade durmida ao remol da brasa, meteron toda a identidade do país nun baúl. Meteron a cultura, o alalá, a muiñeira, a morriña, a saudade, os menciñeiros, as meigas, a paisaxe, a costa, as aldeas, as vacas, os porcos, as lanchas, o polbo á feira, os castiñeiros, os cortizos, os carballos, os paporrubios, os mouchos, as curuxas e ate a Santa Compaña e o Pórtico da Gloria tamén. Ao remate nunha caixa de seguridade, para que ninguén puidese abrila, meteron o idioma e a dignidade do país. E pecharon todo con mil candeados e chimparon todo no fondo dunha cova.
Pasado o tempo, moito tempo, alguén descubriu o baúl e cando o abriu veu o tesouro dun pobo desaparecido que quixeron recuperar para unha nova vida, pero non se puido. Non houbo quen fose capaz de entender o que alí había nin se puido interpretar aquela cultura porque o código, co tempo, desaparecera. A lingua para descifrar a identidade daquel pobo desaparecido xa ninguén a coñecía. A morte silenciosa non deixou pegadas para a reconstrución e o pobo de Kalinia esvaeuse na historia silenciosamente.
Isto é un conto sen rematar, pero xa sabedes que a realidade sempre supera á ficción.
















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



