NOTA DE PRENSA
Balseiro e López preguntarán á Consellería de Presidencia cándo vai a restablecer o servizo de autopsias nos hospitais de Burela e Monforte
* Os deputados lembran que a restablecemento deste servizo, que a Xunta bipartita centralizou en Lugo, foi unha das reivindicacións do Partido Popular na pasada campaña electoral das autonómicas
Lugo, a 26 de xaneiro de 2010.- Os deputados José Manuel Balseiro Orol e Dámaso López Rodríguez interesaránse no Parlamento de Galicia sobre as previsións da Xunta de Galicia para restablecer o servizo de autopsias no Hospital da Costa (Burela) e no Hospital de Monforte.
Os deputados populares presentaron una pregunta con carácter de urxencia ó considerar que a dilación na realización de autopsias nos dous centros hospitalarios mencionados están a provocar múltiples prexuizos ós veciños do norte e do sur da provincia de Lugo
Balseiro e López lembran que unha das principais reivindicacións do Partido Popular en relación coa mellora da atención sanitaria na pasada lexislatura foi a recuperación nos hospitais de Burela e Monforte do servizo de autopsias. O Grupo Parlamentario Popular e, de xeito especial, os deputados asinantes desta iniciativa, insistiron en reiteradas ocasións na importancia de contar con este servizo en ambos centros hospitalarios para evitar prexuízos innecesarios ós familiares daqueles falecidos que precisaban da practica dun exame forense, unha reivindicación na que cabe insistir por responder ó sentido común e ser de xustiza.
Cómpre subliñar que foi o Partido Popular quen liderou esta petición –fortemente apoiada desde a sociedade civil das comarcas da Mariña e da Zona Sur- despois de que unha decisión inxustificable do Goberno bipartito, en abril de 2006, acordara a centralización da práctica das autopsias nas instalacións que o Instituto Galego de Medicina Legal (IMELGA) posúe na capital provincial de tal xeito que, os familiares daqueles persoas que falecían nalgún dos concellos lucenses, e cuxo cadáver precisa deste tipo de exames, víanse na obriga de soportar largas esperas que, como media, se sitúan entre as 18 e as 24 horas.
As enormes dilacións na posta a disposición das familias dos cadáveres dos seus seres queridos, motivadas pola necesidade de sometelos a continuos traslados, desde o lugar onde se produciu o deceso ata Lugo, e de alí ata o lugar onde este previsto realizar o funeral, non servían máis que para incrementar a dor e a angustia das familias afectadas por unha dura perda e dificultan a posibilidade de compartir os derradeiros instantes de despedida previos á inhumación.
Malia que nun primeiro momento o IMELGA acordou a recuperación da práctica das autopsias nos hospitais de Burela e de Monforte, a carencia de facultativos especialistas en medicina legal e as dificultades para cubrir as vacantes destes postos, obrigou a que de novo, na práctica, se centralizase a realización das autopsias en Lugo capital, explican os deputados populares.
Conscientes desta situación e co obxectivo de evitar demoras moi prolongadas, os responsables do Goberno autonómico actual decidiron ampliar o horario do IMELGA en Lugo, e véñense practicando autopsias en horario de tarde, a diferenza do que acontecía na pasada lexislatura do bipartito. En todo caso, segundo puntualizan os deputados populares, o que se presentou como unha situación provisional se está a perpetuar no tempo o que aconsella desenvolver as xestións necesarias para corrixir esta situación e acadar o restablecemento do servizo nos Hospitais da Costa e no Hospital comarcal de Monforte. E é esta a razón pola que preguntarán á Consellería de Presidencia sobre as previsións que ten a este respecto.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



