Cúmprese un ano da moción de censura que mudou o goberno municipal de Viveiro. É momento de falar claro.
Aceptamos a moción con responsabilidade democrática. É unha ferramenta legal.
O que non compartimos nin entendemos foron as formas. O grupo de Por Viveiro encabezado por Bernardo Fraga e Manolo Galdo, e con moitas renuncias na súa formación, anunciou a retirada do apoio ao goberno por fascículos, con vídeos e escenificación pública. Non foi unha maneira respectuosa de facer política. Querendo dar leccións políticas e menospreciarme a mín persoalmente.
Durante meses repetíronnos que Viveiro estaba paralizado e que facía falta un gran cambio. Un ano despois, a realidade é distinta. Dende a moción de censura, pouco ou nada abriron a boca, eso si, para ir en contra da oposición, “na que tamen están eles”, pois non quixeron formar parte do goberno, nin antes agora tampoco.
A maior parte das actuacións executadas neste tempo foron proxectos iniciados ou deixados encamiñados polo anterior goberno. Non houbo o xiro estrutural prometido nin proxectos transformadores novos.
O gran acto político do ano foi a presentación da chamada vía de alta capacidade. Carpa, colectivos convidados e visita institucional do presidente da Xunta de Galicia. Para logo presentar dúas carreteiras convencionais, nada do que prometeran.
Durante once anos de alcaldía socialista non existiu ese trato. A Xunta non mostrou respecto institucional ao goberno municipal, e iso era unha falta de respecto aos veciños e veciñas de Viveiro.
Agora si hai visitas. A alcaldesa, Mariña Gueimunde, foi recibida polo presidente e por diferentes conselleiros nas súas respectivas consellerías. Esa é unha diferenza evidente. De momento, máis presenza que resultados.
A diferenza coa Deputación de Lugo, que a recibiu en varias ocasións. E parécenos ben. Porque as institucións deben colaborar con Viveiro independentemente de quen goberne.
Onde tamén vemos unha diferenza preocupante é no plano democrático. Nos plenos municipais é Mariña Gueimunde quen decide non conceder a palabra por alusións. É ela quen, aproveitando o privilexio que lle dá a presidencia do pleno, utiliza o turno de peche —que só lle corresponde a ela— para facer intervencións políticas, sacar declaracións fóra de contexto e lanzar acusacións contra membros da oposición. E despois non permite réplica.
Iso non é equilibrio institucional. Iso non é respecto ao debate democrático. A Presidencia dun pleno non está para blindarse nin para pechar discusións sen dereito a resposta. Dirixir un pleno municipal non pode converterse nun mecanismo para silenciar á oposición.
Un ano despois, o balance é claro: moita escenografía, pouca transformación real e unha deriva preocupante na forma de entender o funcionamento democrático da institución.
Nós seguiremos facendo unha oposición firme, responsable e construtiva. Porque gobernar é exercer poder, pero tamén aceptar control. E a democracia non consiste en ter a última palabra, senón en respectar que outros tamén a teñan.
Como se suele decir “moito ruido e poucas noces”.
María Loureiro García
Ex Alcaldesa de Viveiro
Portavoz do PSdG-PSOE en viveiro


















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



