A Xunta de Goberno licitou os traballos para renovar a rúa Filarmónica en Lugo; a LU-P-0108 en Abadín; a LU-P-4806 na Pontenova; e a LU-P-1807 que conecta Chantada con Carballedo; e quedaron adxudicadas as melloras na LU-P-3108 en Mondoñedo
Lugo, 6 de marzo de 2026.A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento por un importe económico conxunto de preto de 2M€ para mellorar estradas provinciais, municipais e actuacións de emerxencia en vías afectadas polas intensas choivas do mes de febreiro. Este orzamento inclúe actuacións nun total de oito concellos: Lugo, Abadín, A Pontenova, Chantada, Carballedo, Pantón, Cervantes e Mondoñedo. “Trátase dun investimento moi importante para a mobilidade da provincia, e para dar resposta coa máxima celeridade ás emerxencias complexas provocadas polos recentes temporais”, valora a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto.
Entre as licitacións aprobadas destaca en Lugo o proxecto para rehabilitar a rúa Filarmónica Lucense que mellorará a accesibilidade ao campus e ás instalacións deportivas na capital das murallas, por un importe económico de case 100.000€. As actuacións consistirán na repavimentación con aglomerado en quente, repintado da vía e a sinalización vertical. Ademais, tamén está previsto o repintado da zona de aparcamento, ao carón do Pazo dos Deportes, e a instalacións de pasos de peóns elevados. “Prevemos que as obras nos 540 metros de lonxitude desta vía que soporta un elevado volume de tráfico diario comecen en primavera e terán un prazo de 4 meses”, detallou García Porto.
En Abadín, quedou licitada por un importe de case 350.000€ a mellora de máis de 6 quilómetros na estrada LU-P-0108, concretamente ao tramo a partir dos 600 primeiros metros da vía. Os traballos que se executarán son a reapertura de cunetas, pavimentación con aglomerado en quente e sinalización e pintado da vía. O prazo de execución é de 4 meses.
Tamén se aprobou a licitación das obras de acondicionamento na LU-P-4806 ao seu paso polo concello da Pontenova, con practicamente 300.000€. Esta vía que vai desde a Nacional 640, en Vilaxe, por Galegos e Vilar de Corota ata Ribeira de Piquín mellorará máis de 5 quilómetros desta vía, entre os quilómetros comprendidos do 2,390 ao 7,440. As obras inclúen a reapertura de cunetas, o aglomerado do firme e a sinalización horizontal e vertical, e 4 meses de prazo de execución.
Entre os concellos de Chantada e Carballedo tamén se licitaron uns traballos para mellorar os case nove quilómetros e medio do inicio da vía da LU-P-1807, que conecta Chantada coa parroquia carballedesa de Cartelos, pasando pola parroquia chantadina de Santa Uxía de Asma. O orzamento de licitación é de algo máis de 260.000€ e un prazo de execución de 4 meses. Realizaranse na vía a reapertura de cunetas e a renovación do firme.
Así mesmo, na Xunta desta mañá quedaron adxudicadas á empresa Obras y Saneamientos Galicia SL as obras de mellora en Mondoñedo, nos dous últimos quilómetros da LU-P-3108, entre Viloalle e Figueiras. As obras contarán cun orzamento de preto de 80.000€ e un prazo de execución de tres meses para a reapertura de cunetas, saneo da explanada, reparación de desperfectos e repavimentación.
Obras de emerxencia nos concellos de Pantón e Cervantes
A Xunta de Goberno declarou de emerxencia o arranxo de dúas estradas provinciais ao seu paso polos concellos de Pantón e Cervantes, que foron danadas polas intensas choivas do mes de febreiro e que, en conxunto, suman un investimento superior aos 700.000€. No caso de Pantón, a Deputación encargou á empresa TA Isidro Hnos Blanco Trigo as obras para restablecer a circulación na vía LU-P-4103, tralo derrube de terra á altura do quilómetro 2. O tramo afectado desta estrada, que comunica Ferreira de Pantón co encoro de Santo Estevo, presenta un risco elevado de novos desprendementos, polo que foi preciso realizar a expropiación dos terreos tras a valoración técnica dos profesionais, garantindo a seguridade da intervención e evitando danos maiores. O orzamento estimado é de practicamente 600.000€, e nos vindeiros días aprobarase o proxecto definitivo, “co obxectivo de actuar coa máxima celeridade, sendo conscientes da importancia social desta estrada provincial”, valorou a Voceira Socialista do Goberno.
En Cervantes na LU-P-1402, á altura da parroquia de Vilaver no quilómetro 12, a empresa Bascuas 2008 SL executará as obras para reparar os danos provocados polos temporais, que ocasionaron a caída de parte da calzada. A intervención consistirá na reconstrución da plataforma da estrada mediante a construción dun muro de sostemento de escollera e a reposición do pavimento, cun orzamento superior aos 120.000 euros.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



