Burela, 7 de marzo, 2026. O encontro comezou cun Burela moi ofensivo e intenso. No minuto 7, Bingyoba probou a porta cun disparo que Álvaro desviou a banda. No 9, unha falta perigosa executada por Faly obrigou a Torero a despexar a córner co pé. O ritmo era alto e o Burela dominaba o xogo nunha primeira parte competida por ambos equipos.
O premio chegou no minuto 19: Pitero transformou un penalti e puxo o 1-0 no marcador, facendo xustiza ao mellor xogo local.
Segunda parte
O Burela saíu con forza tras o descanso e ampliou a vantaxe no primeiro minuto. Raid recuperou o balón na liña de fondo e asistiu a Pitero, que fusilou a portería para asinar o 2-0 e o seu dobrete particular.
No 24, o Burela dispuxo dunha falta perigosa lanzada por Bingyoba, pero Usama desviou a córner. No mesmo minuto chegou a acción que cambiaría o partido: segunda amarela para Bingyoba, deixando ao equipo de Juanma Marrube en inferioridade durante dous minutos.
No 26, Lautaro salvou un disparo de Caruso, pero ao final da xogada chegou o primeiro gol visitante. Ramón Vargas aproveitou un balón que se lle escapou das mans ao porteiro arxentino tras unha primeira intervención e recortou distancias (2-1).
O Ibiza intensificou a presión e no 33 Lautaro volveu aparecer para deter un tiro moi perigoso de Valdés. Álvaro respondeu no outro lado do campo cunha parada a Charly nunha contra que puido sentenciar o encontro.
No 34 chegou o empate: Ramón Vargas culminou unha contra a pase de Vicent Valdés, apenas segundos despois dunha ocasión clara de Alberto que non puido superar ao gardameta visitante.
O Burela celebrou un gol no minuto seguinte, pero foi anulado por proceder dun saque de banda directo a porta. No 36, Lautaro volveu salvar ao equipo detendo un disparo de Uge.
A falta de catro minutos, Pitero asumiu o rol de porteiro-xogador para buscar o gol da vitoria. Charly probou nun primeiro intento, pero o balón marchou fóra. No 39, Pitero tivo unha ocasión clarísima tras un pase interior de Charly, pero Álvaro volveu aparecer. No mesmo minuto, Izan tamén o intentou, topándose de novo co porteiro visitante.
O Burela insistiu ata o último segundo, pero non conseguiu superar a férrea defensa do conxunto de José Fernández, que resistiu o xogo de cinco e levou un punto de Vista Alegre.
Ficha Técnica Inagroup Reyco Burela FS 2-2 Gasifred Atlético Ibiza
Reyco Burela FS (2): Torero; Pitero (C), Charly, Raid, Izan, -quinteto inicial-, Alán, Alberto, Nico, Bingyoba, Jason, Lautaro (P).
Gasifred Atlético Ibiza (2): Álvaro; Xavi Cols, Faly, Hugo Alonso, Buitre -quinteto inicial-, Uge, Vicent Valdés, Ricardo, Usama, Moreno.
Goles: 1-0, min. 19: Pitero. 2-0, min. 21: Pitero. 2-1, min. 26: Ramón Vargas. 2-2, min. 35: Ramón Vargas.
Árbitros: Ander Garrido // Eduardo Sierra // Daniel Dacal // Andrea González. Por parte do Reyco Burela viron tarxeta amarela Bingyoba (10′), Bingyoba (24’) (tarxeta vermella e expulsión), Izan (38’). Por parte do Gasifred Ibiza, Buitre (25’), Hugo Alonso (26′) e Caruso (31’)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 22 de Segunda División Masculina desputado no pavillón municipal de Vista Alegre.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.


