CERVO .- A empresa pública de Servizos Hidráulicos da Consellería de Medio Ambiente sacou a licitación mediante procedemento de adxudicación negociado sen publicidade a obra de mellora da rede da rede de Cervo por un importe de 209.767 euros.
Nota de Prensa
A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE SACA A LICITACIÓN OBRAS DE MELLORA DA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA DO MUNICIPIO POR UN IMPORTE DE 209.767 EUROS
Cervo, 6 de febreiro de 2010.- A empresa pública de Servizos Hidráulicos da Consellería de Medio Ambiente ven de sacar a licitación mediante procedemento de adxudicación negociado sen publicidade a obra de mellora da rede de abastecemento do concello por un importe de 209.767 euros. Así o indicou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares no día de hoxe.
Segundo explicou o rexedor cervense, estas obras teñen por obxecto actuar na mellora de diversos tramos da rede de augas municipal nos núcleos de Cervo, Lieiro, San Ciprián “e de xeito especial nos burgos de Castelo e Rueta”, sinalou. “Con estas obras -dixo- tentamos dar solución en tres frontes: Por unha banda, renovaremos boa parte das canalizacións de abastecemento de augas nas zonas que presentaban maiores problemas de avarías polo paso do tempo; por outra, optimizaremos a calidade do servizo en puntos onde a rede adoecía de deficiencias; e por último aproveitaremos tamén para dotar deste servizo a zonas que ata o momento carecían del” asegurou o alcalde.
Villares salientou o beneficio que suporá este investimento feito dende a Xunta para os veciños do concello e recordou que dita actuación forma parte do programa de dotación e mellora de infraestruturas básicas do termo municipal levado a cabo dende o Goberno local. “Estas obras veñen a complementarse con outras que xa se están a levar a cabo no concello, coma son as de saneamento en San Ciprián e Cervo; así coma outras programadas como as da Senra. Deste xeito o que pretendemos é dotar e modernizar as infraestruturas básicas do noso concello paulatinamente ata poder chegar a tódolos núcleos de poboación” indicou.
Unha vez rematado o prazo de licitación, a empresa adxudicataria das obras terá un prazo de nove meses para levar adiante dita mellora da rede de augas do termo municipal de Cervo.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



