Nota de Prensa
O BNG DENUNCIA AS CONSTANTES MODIFICACIÓNS DOS PRAZOS DE REDACCIÓN DO PXOM DE CERVO
Os nacionalistas poñen de manifesto ate catro modificacións nos prazos de tramitación do documento
A última modificación non prevé a aprobación definitiva ate outubro de 2013 que ademais deberá traspoñer as normativas do Plan do Litoral e unha nova modificación da LOUG
Cervo, 3 de febreiro de 2010. O Bloque Nacionalista Galego denunciou os repetidos incumprimentos por parte do goberno local dos prazos inicialmente previstos para a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cervo. Os nacionalistas lembraron que o contrato inicial para a redacción do PXOM foi en maio de 2002, expoñéndose publicamente o avance en maio de 2004 e a partir de aí producíronse ate catro modificacións dos prazos de tramitación, chegando incluso a ter que devolverse axudas da Xunta ao non ter feitos os trámites acordados. Agora a empresa redactora remite con data 28 de decembro diversa documentación para informe previo a aprobación inicial que segundo o último cronograma asinado coa Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non se prevé ate outubro de 2011. O BNG solicitou a convocatoria dunha comisión informativa sobre o documento e información sobre a incidencia do Plan do Litoral no concello.
O PP non ten ningún interese en acelerar a tramitación do PXOM como demostra o historial de aprazamentos dende 2002.
Na mellor das previsións expostas no último aprazamento da redacción do PXOM concedido pola Xunta de Galiza por resolución de 1 de outubro de 2009, o documento non será aprobado definitivamente ate outubro de 2013. Os nacionalistas cervenses dubidan da vontade do PP de que este prazo se cumpra tendo en conta a parálise intencionada do 2004 que pode volver a repetirse, ademais as sucesivas modificacións da lexislación marco, a necesidade de adaptación ao Plan do Litoral, ou a nova modificación da lei do solo que prevé o goberno galego non albisca o cumprimento dos prazos previstos na última prórroga.
Sucesivos aprazamentos dun documento fundamental que de ser tramitado a tempo impediría moitas das controversias urbanísticas dos últimos anos.
O BNG acusou ao Partido Popular no goberno municipal de ser o auténtico responsábel dos retrasos na súa tramitación. O portavoz municipal, Xoán Estúa, lembrou que moitas das polémicas abertas en Cervo en materia urbanística derivan da inexistencia do instrumento de planeamento , e puxo dous exemplos, hai unha promotora que debe ao concello 1,3 millóns de euros que non vai pagar e hai outra que construíu sobre un castro coa complicidade do goberno local que mirou cara outro lado a pesar de coñecer a reserva no avance do novo PXOM dese solo por conter restos arqueolóxicos”. Estúa continuou indicando que dende o inicio da redacción do documento en 2002, en Cervo fixéronse múltiples estudos de detalle e modificacións puntuais das Normas Subsidiarias de Planeamento, porqué a normativa actual do ano 1978 non aguanta mais, “o goberno local está empeñado en seguir remendando un traxe vello que non da mais de si, no lugar de mercar un novo.”
A empresa redactora agora fai chegar documentación para informe previo que os nacionalistas queren coñecer.
A entrega o pasado 28 de decembro de documentación para informe previo a aprobación inicial e o primeiro documento do novo planeamento que chega ao concello dende o ano 2004, cando se expuxo ao público o avance. Os nacionalistas reclamaron a convocatoria dunha xunta de portavoces coa presenza de redactores e técnico municipal de urbanismo para que expliquen o contido da documentación, previsións para a súa aprobación inicial e efectos que pode ter sobre el a súa adaptación ao Plano do Litoral e a prevista terceira modificación da Lei do Solo.
A inexistencia dun PXOM aprobado e a incidencia do Plan do Litoral pode ser un mazazo para o desenvolvemento urbanístico en San Cibrao.
Aos nacionalistas preocúpanlles os retrasos na tramitación do PXOM que ademais agora deberá contemplar a normativa do Plan do Litoral que xa está nas dependencias municipais. Estúa reclamou a convocatoria dunha reunión informativa sobre o documentación remitida que debe contar coa presenza dos redactores. Ademais xa está solicitada unha copia coa do Plan do Litoral e a constitución dunha comisión non permanente para o seu estudo e alegacións. O nacionalista advertiu que Cervo pode ser o concello da Mariña mais afectado pola nova norma xa que segundo os primeiros datos coñecidos amplas zonas que ate agora eran urbanizábeis perderán esa condición, impedindo calquera desenvolvemento residencial.

















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



