SANTIAGO .- Adega publica un novo número da revista Cerna, de medio ambiente e ecoloxía, correspondente á edición de inverno. O número 60 de Cerna destaca o éxito de ADEGA diante dos tribunais, logo de catro anos de loita, contra a construción dunha planta de acuicultura en Ribadeo, no LIC das Catedrais
Nota de Prensa
A XUSTIZA COMEZA A TOMAR EN SERIO AO MEDIO AMBIENTE GALEGO
ADEGA publica o número 60 da Revista CERNA de medio ambiente e ecoloxía, correspondente á edición de inverno
Compostela, a 5 de febreiro de 2010. A presente edición presenta na capa unha balanza, símbolo da Xustiza, que nos últimos meses pesou máis do lado da protección medioambiental que da banda dos intereses especuladores e privados. Varias sentenzas favorábeis á defensa e protección do patrimonio natural de Galiza constatan este feito, como as que declaran ilegais o proxecto da piscifactoría de Acuinor en Rinlo, espazo de Rede Natura; os recheos efectuados no Porto de Marín en dominio público marítimo-terrestre; ou a localización dos depósitos de hidrocarburos no peirao do Ferrazo.
O número 60 de Cerna destaca o éxito de ADEGA diante dos tribunais, logo de catro anos de loita, contra a construción dunha planta de acuicultura en Ribadeo, no LIC das Catedrais, constituíndose na primeira resolución xudicial que aplica as normativas europeas sobre conservación en Rede Natura en Galiza. ADEGA asegura que esta resolución xudicial podería sentar precedente para a preservación doutro espazos de similares características, como Cabo Touriñán, tamén LIC e coa presenza de hábitats prioritarios. Esta presenza ponse de manifesto nun artigo do profesor da USC, Xabier Amigo.
Pero non todas son boas novas para o medio ambiente galego. A Xunta aproba a nova lei eólica coa que flexibiliza as consideracións ambientais do anterior Decreto Eólico, agora derrogado. Cerna 60 analiza comparativamente as distintas regulacións galegas do sector eólico aplicadas no País e repasa, a través dun artigo de dous investigadores da Universidade de Vigo, os impactos negativos que os parques eólicos teñen efectuado nos espazos protexidos galegos.
Alén das seccións fixas da publicación, este número complétase cun abano diverso e interesante de temáticas que atenden á ordenación do litoral, á saúde ambiental, ao patrimonio cultural ou a outras terras.





















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



