NOTA DE PRENSA:
BASANTA AFIRMA QUE O PLAN DO LITORAL AFECTARÁ EN FOZ A 5.322 HECTÁREAS DAS QUE 3.867 SE SITÚAN POR RIBA DA FRANXA DOS 500 METROS
Os nacionalistas informan que o POL impide usos residenciais en 117,27 hectáreas de solo urbanizable
Foz, 4 de febreiro de 2010.- O Plan de Ordenación do Litoral que ven de remitir aos Concellos a Xunta de Galiza vai afectar no Concello de Foz a 5.322 hectáreas das que 3.867 sitúanse por riba da franxa dos 500 metros e que se corresponden co que o documento define como áreas de xestión. Basanta afirmou que “o Concello de Foz é o Concello de todos os comprendidos por este Plano que máis terreo ten afectado na Mariña de Lugo, algo que non se corresponde nin co tamaño do Concello, nin cos quilómetros de costa co que contamos” e nese sentido recordou que “que se a provincia Lugo ten afectado 25.531 hectáreas, a Foz correspóndelle o 21,2% do total”.
O Portavoz Nacionalista informou que “862 hectáreas se corresponden coa zona de protección, 738 coa zona de mellora ambiental e paisaxística e 3.781 coa zona de ordenación. Na área de ordenación correspóndelle ao Concello determinar os usos, na área de mellora ambiental e paisaxística farana o Concello de acordo coa Xunta e na área de protección, quen determina os usos é o Goberno Galego, non permitindo ningún uso de tipo residencial”. Na mesma liña, continuou Basanta, hai que recordar que área de protección divídese entre o de protección ambiental (costa) e protección de corredor (ríos) que en Foz representan en cada caso 470 hectáreas e 243 hectáreas respectivamente, polo que a maiores dos núcleos costeiros de Foz, Fazouro, Nois e Cangas, tamén se prohiben usos residenciais en Vilaronte, San Acisclo e Santa Cilla (Teixeira) polas afeccións dos Ríos Masma e Ouro.
Os nacionalistas focegos afirmaron que no Plan do Litoral superpoñen tres áreas litorais distintas que se corresponden co documento de política territorial coa área costeira da Mariña Oriental, da Mariña Occidental e da Ría de Foz, para quen se fixa unhas condicións particulares de protección como consecuencia da súa inclusión na Rede Natura e a conseguinte consideración de LIC. O Portavoz Municipal do BNG denunciou que “o Plan establece usos do solo sen atender a criterios regrados, na máis absoluta discrecionalidade, plantexando solucións distintas para realidades que son iguais, criando inseguridade xurídica. e abre a porta ao urbanismo á carta. O PP tenlle que explicar varias cousas aos veciños de Foz, empezando por recoñecer as súas mentiras da campaña electoral, pois está a prohibir usos residenciais por riba dos 500 metros, e a seguir por responder porque entra a saco na capacidade de planificación dos Concellos e por que o nivel de protección en Foz acada este grao superlativo. Non queremos pensar que o trato que se lle dá a Foz ten que ver con algunha “vendetta” política”.
Asemade Basanta considerou particularmente grave que o Plan veña a prohibir usos residenciais en varios solos que teñen a consideración de urbanizable no planeamento en vigor en Foz e tamén no Plan Xeral que se está tramitando. Neste sentido anunciou que o Plano recolle que non se vai permitir edificar en Foz 117,27 hectáreas de solo urbanizable, do cal 109,40 hectáreas se sitúa por baixo da franxa dos 500 metros e 7,87 hectáreas por riba da mesma. O Portavoz Nacionalista informou que 16,11 hectáreas se corresponden coa área de protección de ríos e 101,16 hectáreas co área de protección de costa. “Non é de recibo”, afirmou Basanta” que na práctica se hipoteque a case totalidade do solo urbanizable que se recollía nas normas do 81 posto que os ámbitos de Tras As Torres é o de Folgueiras representan aproximadamente 80 hectáreas, no caso da vila, e a bolsa definida en Cangas de Foz é o restante”. Na mesma liña continuou que das “319,45 hectáreas de solo urbanizable de protección que se fixa para a totalidade dos Concellos de Lugo en Foz situase máis dun terzo. Con isto non queremos dicir nada, pero desde logo que si que nos preguntamos cal é a diferenza de Foz con outros Concellos. En todo caso menos mal que este Plan non ordena solo, ”ironizou Basanta,” como afirma o PP, porque se chega a ordena-lo remataría facendo un PXOM para o noso Concello e o conxunto dos concellos da Galiza litoral”.
O Portavoz nacionalista criticou que este Plan significa de facto darlle o finiquito ao PXOM actualmente en tramitación, posto que as súas disposicións, teñen que axustase ao POL polo seu carácter supramunicipal, e como é obvio as consideracións dos dous documentos entran en contradicción. Asemade tamén hai que ter en conta a responsabilidade municipal a hora de non ter adaptado o planeamento a lexislación provoca unha maior indefensión para o noso Concello, na medida en que pode darse o paradoxo que se clasifique como urbanizable de protección, solo que na súa realidade fáctica teña mesmamente a consideración de urbano consolidado.
Noutra orde de cousas os nacionalistas tamén quixeron facer unha referencia para a situación na que van quedar determinados núcleos que van ser afectados pola área de protección de ríos. “Podemos ter claro que vai haber bolsas de solo de núcleo que fiquen fora de ordenación e que na práctica vai facer mudar as áreas de expansión de núcleo. Só hai que votar unha ollada a toda área do corredor do Ouro, nomeadamente San Acisclo, Teixeira, Fontao e Fazouro ou no caso do Masma os núcleos da Espiñeira e de Mañente” afirmou Basanta.
Xa por último o dirixente nacionalista, que anunciou que a documentación do POL xa chegou ao Concello de Foz, segundo lle anunciou o Alcalde, sexa estudada coa máxima premura para determinar con exactitude as particularidades do documento. ”O pleno da Corporación aprobou na pasada sesión unha proposta do BNG polo que se comprometía a que o conxunto dos grupos estudase o documento na Comisión de Urbanismo, polo tanto é necesario reunir xa a Comisión, e trasladarlle ao conxunto dos veciños como queda Foz con este Plan”, afirmou Basanta. Agardamos en todo o caso que a Xunta de Galiza teña a disposición a escoitar a opinión e as suxestións que lle fagan chegar os Concellos e que mostren sensibilidade fronte as alegacións veciñais




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



