Nota de Prensa
O GMPP: “tiñamos razón en todo o debate das axudas dos corenta euros”.
Os populares aseguran que un documento oficial do concello acredita que non houbo cartos hasta o día 30 de Decembro.
Afirman que Nieves Cando non é de fiar porque escondeu a verdade reiteradamente.
O PP de Burela afirmou que a documentación que se incluiu no pleno do pasado xoves demostra que o PP tiña toda a razón no asunto das axudas dos corenta euros e que hasta o día trinta de Decembro non houbo cartos para pagar esas axudas. Eso quere decir que Nieves Cando tapou a verdade e minteu sempre que falou sobre este asunto.
Os populares puñeron por diante que queren que as familias con dereito ás axudas dos corenta euros cobren, e que cobren canto antes, cousa que non está ocurrindo; ainda que seguen reiterando que as axudas son inxustas, porque teñen igual axuda os soldos de tres mil euros ca os de mil euros.
Pero aclarado esto, lembran que o anuncio de Nieves Cando a principios de Setembro pasado non se sostiña en ningún documento. Non había bases para a concesións das subvencións, e non había cartos. E por riba abreuse o prazo de presentación de solicitudes cando non había ningún documento que avalase tales axudas. Por eso, e solo por eso, Nieves Cando debería dar as explicacións pertinentes, porque cando menos mentiu de entrada e posteriormente limitouse a decir que o PP estaba en contra das axudas, tapando a verdade do asunto.
Agora, dí o PP, dentro desa documentación que se levou a pleno hai un documento oficial que así o atestigua. Ese documento, que tén data de trinta de Decembro de 2009, é un informe dos servicios técnicos do concello, que di textualmente o seguinte: “…o procedemento para a tramitación das axudas para o comenzo do curso escolar 2009-2010 non se axustou ó legalmente establecido. Con data de 15 de Decembro de 2009 se aprobaron as Bases por Decreto de Alcaldía…; o citado Decreto adolece dunha serie de erros, así non se establece o prazo de presentación das solicitudes de axudas;…. no Decreto de aprobación se acorda a publicación da convocatoria e das bases no tablón de anuncios cando as solicitudes son anteriores ás mesmas”.
O informe continúa decindo que “… a partida orzamentaria á que se aplican as subvencións, á data do Decreto de aprobación das axudas, carecía de consignación orzamentaria”. Ou sexa, tal e como dixo o PP, non había cartos, e non os houbo, segundo o indicado informe, hasta o trinta de Decembro.
No mesmo documento indícase que “Non se deben adquirir compromisos de gastos sen ter consignación orzamentaria no momento da realización do servicio ou actividade, ou, neste caso, anunciando axudas e presentándose solicitudes sen estar aprobadas as bases e sen ter consignción adecuada e suficiente para facer fronte ó gasto”.
O informe remata decindo que nos dous anos anteriores “…estas axudas xa foron concedidas e sempre foi necesario a aprobación dunha modificación orzamentaria para a súa aprobación, polo que se advirte da necesidade dunha previsión adecuada dos gastos dos orzamentos para evitar a realización de gastos sen consignación, que son obxecto de reparos e que carecen de base legal”.
Pero é que ademais hai que lembrar que a Ordenanza Xeral de Subvencións do concello de Burela non contempla que se soliciten subvencións por persoas físicas e soamente dispón que os perceptores sexan entidades ou colectivos.
Todo esto demostra que Nieves Cando minteu reiteradamente a este respecto, e actuou con total ausencia de seriedade e de rigor. O PP dixo que non había bases, que non había cartos. Haberá que preguntarse por que se aprobou o decreto tres meses e medio de que Cando fixese o anuncio, e haberá que preguntarse por que non había cartos xusto hasta o derradeiro día hábil do ano pasado. En definitiva, unha enorme chapuza legal a que fixo Nieves Cando e que confiamos que non volva a acontecer, ainda que todo sona a que os enfrontamentos internos dentro do bipartido fan que se produzan estas situacións. Se Nieves Cando tivese decencia política, tería que recoñecer publicamente que o PP estaba no certo, e mesmo cambiar de traballo mañán mesmo e volver de novo a dar clases no IES Perdouro. Nieves Cando non dixo a verdade e polo tanto non é de fiar.
Os populares confían en que a partires de agora non se volvan a producir situacións de este tipo, que poñen en tela de xuizo as competencias e a forma de actuar do propio concello. O que xa queda fóra de toda dúbida é a incompetencia política do bipartito para facer as cousas con xeito. E pedimos que as familias cobren xa, porque xa hai catro meses que fixeron o gasto.

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.