O Concello de Burela realizará unha campaña informativa sobre o apagón analóxico previsto para o vindeiro 3 de abril. O alcalde sinalou que “imos iniciar unha campaña de información a todos os veciños para que vaian sabendo xa o que se nos ven encima”. O 12 de marzo estará en Burela unha unidade móbil “onde os veciños poderán consultar todo aquelo que consideren oportuno sobre a televisión dixital, sobre aparatos receptores, orientación de antenas. Tamén se informará das axudas ás que poden optar aquelas persoas en risco de exclusión para acceder aos descodificadores”.
Campaña informativa en Burela sobre o apagón analóxico previsto para o vindeiro 3 de abril
Relacionado
-
Cinco profesores da Escola Municipal de Música de Xove realizaron este xoves un pequeno concerto didáctico no CEIP Pedro Caselles Rollán e no IES Illa de Sarón
-
O alcalde, Dani Vega, asistiu no Ceip Gregorio Sanz a unha actividade desenvolvida polo Club de Buceo Illa Pancha
-
Xornada de portas abertas da UNED de Viveiro