XOBVE .- Tarde chuviosa. Campo moi blando, que coa choiva acabou embarrándose e dificultando enormemente as tiradas, facendo que os tanteos fosen moi baixos, con moitas cucadas por parte dunha gran parte dos xogadores. Na Liga Senior victoria de Luis Rancaño Bouso, na Sub 18 reacción do líder Jose Vigo, quen conseguiu cortar a racha de tres victorias consecutivas de Cristian Rodríguez e na Feminina, Carmen Roca e Dolores Baño continúan ao seo.
NOTA DE PRENSA
XXIª TIRADA DE BOLOS
Xª SUB 18 (TEMPORADA 2009/2010)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
Autoescuela Mundial Xove
| CAMPEONATO DE BOLOS DO CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE ==== 36 INSCRITOS: 24 NA LIGA SENIOR, 6 NA LIGA SUB 18 E 6 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 134 | 12 |
| SEGUNDO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 131 | 10 |
| TERCEIRO | JORDI MEITÍN SERANTES | 115 | 8 |
| CUARTO | CARLOS JAVIER RODRÁIGUEZ CASABELLA | 110 | 7 |
| QUINTO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 110 | 6 |
| SEXTO | CARMEN ROCA CORRAL | 107 | 5 |
| SÉTIMO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 83 | 4 |
| OITAVO | ARTURO VIGO CASABELLA | 81 | 3 |
| NOVENO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 80 | 2 |
| DÉCIMO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 79 | 1 |
| MELLOR BOLADA | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 56 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | JOSE VIGO LAGE | 118 | 6 |
| SEGUNDO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 94 | 4 |
| TERCEIRO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 61 | 3 |
| CUARTO | ÓSCAR PÉREZ MEITÍN | 24 | 2 |
| QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 21 | 1 |
| MELLOR BOLADA | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 47 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 107 | 6 |
| SEGUNDO | DOLORES BAÑO FRAGA | 49 | 4 |
| TERCEIRO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 36 | 3 |
| CUARTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 27 | 2 |
| QUINTO | CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA | 24 | 1 |
INCIDENCIAS DA 13 TIRADA
CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE
( sábado, 31 de xaneiro de 2010)
-36 inscritos, 24 na Liga Senior, 6 na Liga Sub 18 e 6 na Liga Feminina.
Tarde CHUVIOSA. Campo moi blando, que coa choiva acabou embarrándose e dificultando enormemente as tiradas, facendo que os tanteos fosen moi baixos, con moitas cucadas por parte dunha gran parte dos xogadores.
Liga Senior.- Victoria de Luis Rancaño Bouso, o cal nos alegra especialmente debido a que Luis, en compaña de Adrián Bouso GAvín, desprázanse tódolos sábados dende Lugo capital para vir a xogar aos bolos ao noso Concello, o cal levan facendo dende comezos da temporada pasada (temporada 2008/2009). Esta victoria permítelle a Luis pasar a ocupar a 8ª posición.
Pola parte superior da táboa sigue a pelexa entre Ginés Rodríguez e José Rafael González, que nesta ocasión favoreceu a José Rafael, cuxo segundo posto e mellor bolada lle permite recortar 5 puntos ao líder. Por detrais, César Cancelos e Moisé Rodríguez continúan coa súa particular pelexa polo terceiro posto, perseguidos a unha certa distancia por Carlos Javier Rodríguez (irmán de Moisés) e José Manuel Cociña, con 51 e 49 puntos respectivamente.
Liga Sub 18.- Reacción do líder Jose Vigo, quen conseguiu cortar a racha de tres victorias consecutivas de Cristian Rodríguez; esta victoria permítelle ampliar a vantaxe sobre o segundo e disminuir un pouco a presión ao que o estaba a someter Cristian. A falla de cinco tiradas, cáseque que con toda seguirade que entre Jose Vigo e Cristian Rodríguez se van a xogar o primeiro e segundo postos. Para o terceiro temos a Óscar Meitín con 38 e Andrés Rodríguez con 37, e xa máis descolgado está Alex Meitín, quen por enfermidade non está a render nas últimas tiradas.
Liga Feminina.- Nesta Liga, Carmen Roca e Dolores Baño continúan ao seo, que é, semana a semana, copar as dúas primeiras posicións, con victoria esta vez para Carmen Roca, o que lle permite ampliar a sete puntos a súa vantaxe sobre Dolores. Decir tamén, que Carmen incluso foi capaz de colarse na clasificación masculina, dado que cos 107 tantos acadados nesta tirada, conseguiu acabar sexta na Liga Senior.
A Vindeira tirada, e quinta da segunda volta, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE A VARA, na Parroquia de Xuances O SÁBADO, 20 DE FEBREIRO DE 2010 ÁS 15:30 HORAS. Polo tanto, este vindeiro sábado 6 de febreiro tíña que celebrarse a tirada do Centro Social de O Cruceiro, pero a aprazamos para o sábado 13 de marzo debido a que o Club de Bolos Xove ten que disputar unha proba do Campionato Galego o 6 de febreiro.




















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



