NOTA DE PRENSA:
A deputada do Grupo Popular participou esta mañá como ponente sobre Medio Rural nas Mesas de Traballo organizadas hoxe en Ribadeo por Novas Xeracións da Mariña, nas que interveu tamén José Manuel Balseiro
EMMA ÁLVAREZ SALIENTA OS 838 MILLÓNS DE EUROS COMPROMETIDOS ATA 2013 COMO MOSTRA DO APOIO DO GOBERNO DE NÚÑEZ FEIJÓO AO SECTOR LÁCTEO
* A parlamentaria destacou que, ademais do Plan Estratéxico do Sector Lácteo, o Goberno da Xunta deseñou nos seus primeiros meses de xestión un amplo paquete de medidas urxentes para frear a crise do sector, que mobilizaron máis de cen millóns de euros.
Santiago, 27 de febreiro de 2010.- A deputada do Grupo Parlamentario Popular Emma Álvarez salientou hoxe que os 838 millóns de euros comprometidos no período 2009-2013 demostran o apoio decidido do Goberno de Núñez Feijóo ao sector lácteo, dentro das medidas artelladas desde a súa chegada á Xunta para loita contra a crise que está a padecer. Álvarez participou esta mañá como ponente sobre Medio Rural nas Mesas de Traballo organizadas hoxe en Ribadeo por Novas Xeracións da Mariña, nas que interveu tamén José Manuel Balseiro.
A deputada centrou a súa intervención nas liñas de actuación postas en marcha ou previstas pola Consellería de Medio Rural para a presente Lexislatura, centrándose moi especialmente no sector lácteo, e rematou facendo un balance do realizado en 2009.
A parlamentaria destacou que, ademais do Plan Estratéxico do Sector Lácteo, o Goberno da Xunta deseñou nos seus primeiros meses de xestión un amplo paquete de medidas urxentes para frear a crise do sector, que mobilizaron máis de cen millóns de euros. Entre as ditas medidas, lembrou que “Galicia foi, con moita diferenza, a Comunidade Autónoma que máis cartos destinou a axudas directas aos produtores lácteos, ata un máximo de un céntimo de euro por quilo de cota láctea”, ao que a Xunta destinou 20 millóns de euros, “fronte á ausencia total de axudas por parte do Goberno central”.
PAGAMENTO ÚNICO DA PAC
Así mesmo, resaltou, axilizáronse os trámites para o pagamento das solicitudes de modernización de explotacións, así como para a incorporación dos mozos á actividade agraria e se adiantou o pagamento das chamadas ‘axudas directas’ (popularmente ‘pago único’) da PAC para explotacións lácteas, mediante a formalización de préstamos con entidades bancarias. Outra liña urxente de actuación consistiu nun programa de apoio ao capital circulante, mediante resolución do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), explicou Emma Álvarez, quen tamén se referiu ás actuacións no ámbito industrial. De entre elas, destacou o compromiso de Queserías Entrepinares de instalar a súa factoría en Vilalba (Lugo), “que suporá un investimento total de 25 millóns de euros, a creación de 40 postos de traballo, e a recollida de, cando menos, 60 millóns de litros de leite de vaca por ano, que facilitarán a elaboración de 7.000 toneladas de queixo de barra e untable, cando estea a pleno rendemento”.
A deputada popular resumiu as liñas xerais do Plan Estratéxico do Sector Lácteo, centrado no redimensionamento, competitividade e diversificación das explotacións leiteiras de Galicia; concentración, competitividade e diversificación da estructura industrial e cooperativa; racionalización da loxística de recollida e dos sistemas de subministración; dseño e implantación dun sistema de vertebración, autorregulación e estabilidade sectorial; potenciación e especialización do I+D+I do sector lácteo gandeiro de Galicia; potenciación e diversificación do sector queixeiro de Galicia; e deseño dunha estratexia de diferenciación, comunicación, imaxe e promoción do sector lácteo galego e dos seus productos integrantes.





















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



