Nota de Prensa
“O tempo pon a cada un no seu sitio” –expoñen satisfeitos os populares- tras meses de debate sobre unha inexistente intención da Xunta de xestionar desde Lugo a área de saúde da Mariña lucense
SANIDADE DEIXA EN EVIDENCIA A PSOE E BNG TRAS DESMENTIR MESES DE ESPECULACIÓNS E MENTIRAS SOBRE A PERDA DE SERVIZOS E AUTONOMÍA DA ÁREA SANITARIA
* A Consellería de Sanidade confirma a membros da plataforma sanitaria que a área norte de saúde terá plena autonomía na xestión de recursos materiais e humanos e que o centro directivo e de gasto estará en Burela.
* Os populares están convencidos de que socialistas e nacionalista sabían que non había ningunha razón para falar da perda de autonomía e servizos na sanidade comarcal e aínda así pretenderon confundir á cidadanía.
A Mariña lucense, 06 de febreiro de 2010.- Segundo explicou o secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, a xuntanza mantida nos pasados días entre altos cargos da Consellería de Sanidade e membros da plataforma pola área norte de saúde confirmáronse os argumentos mantidos durante os pasados meses polo Partido Popular: A carteira de servizos do Hospital da Costa non só se manterá, senón que incluso será ampliada, a área norte de saúde non desaparecerá, senón que terá plena autonomía na xestión dos recursos humanos e materiais, e un presuposto independente. A maiores disto a titular do departamento de Sanidade confirmou que a área norte de saúde manterá un xerente propio, que xestionará dun xeito conxunto e integrado a asistencia primaria (centros de saúde) e especializada (PAC´s e Hospital)
PSOE E BNG EN EVIDENCIA
Os devanditos compromisos unha vez máis veñen a deixar en evidencia a PSOE e BNG que durante meses especularon sobre a perda de autonomía e servizos da sanidade comarcal pese a ser plenamente conscientes de que o que estaban a dicir era “totalmente falso”. O seu único interese –en opinión dos populares- era xogar a confundir a cidadanía a xerar alarma social nun ámbito sensible como é o da saúde, co que pretendían acadar dubidosos réditos electorais.
“O tempo pon a cada un no seu sitio” –expón satisfeito Balseiro Orol- tras meses de debate sobre unha inexistente intención da Xunta de xestionar desde Lugo a área de saúde da Mariña lucense
DESCULPARSE ANTE OS VECIÑOS
O secretario xeral dos populares lucenses esixe aos cargos públicos do PSOE que se concentraron diante do hospital, e ao BNG –moi prolíficos nas súas declaracións nos medios de comunicación- que se desculpen ante os veciños da Mariña aos que quixeron converter en vítimas dun engano masivo. “O seu comportamento foi inaceptable, pois pese a ser plenamente conscientes mentiron aos mariñáns facendo crer que o Hospital da Costa, a súa autonomía e servizos estaba en perigo, cando o certo é que foi a súa mala xestión a que deixou a sanidade comarcal nun estado moi deteriorado que agora estamos traballando para corrixir” e lembran por exemplo as máis de 4.000 persoas que ocultaron da lista de espera e deixaron sen asistencia sanitaria e que agora “si a están a recibir”
CO BIPARTITO A MARIÑA SEMPRE PERDE
No Partido Popular están convencidos de que “con PSOE e BNG a Mariña sempre perde”. Balseiro Orol explica que cando socialistas e nacionalistas estaban no Goberno bipartito da Xunta porque “foron incapaces de acadar nada positivo e relevante para esta comarca”, e agora na oposición “porque tampouco son capaces de facer nada positivo e por riba inventan razóns para criticar os esforzos do novo Executivo popular por corrixir aquilo que está mal feito ou debe mellorarse, como é o caso do funcionamento do SERGAS”.





















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



