LUGO .- 900 establecementos e de carácter rural e máis de 100 produtos autóctonos de 37 Concellos da provincia optan as marcas de calidade da Deputación Lug02 e Lugo Sabe, distintivos de garantía de calidade do organismo provincial para as empresas turísticas e de produtos autóctonos das Reservas da Biosfera Terras do Miño, Eo-Oscos-Terras de Burón, Os Ancares, e da comarca do Courel
Nota de Prensa
Case 1.000 establecementos optan ás marcas de calidade da Deputación denominadas Lug02 e Lugo Sabe
– 900 establecementos rurais e máis de 100 produtos autóctonos poderán conseguir estes distintivos que diferenciarán ó sector turístico e ós productos autóctonos como referentes en España
– Un restaurante ou hotel con esta marca deberá incluír no menú produtos autóctonos e telos á venda
– Gómez Besteiro entregou hoxe os diplomas á primeira ducia de empresas que acadaron as marcas, logo de participar nun proxecto piloto
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este luns a posta en marcha no mes de maio das marcas Lug02 e Lugo Sabe. Son os distintivos de garantía de calidade do organismo provincial para as empresas turísticas e de produtos autóctonos das Reservas da Biosfera Terras do Miño, Eo-Oscos-Terras de Burón, Os Ancares, e da comarca do Courel. 900 establecementos de carácter rural e máis de 100 produtos autóctonos de 37 Concellos da provincia optan ós distintivos da Deputación que buscan xerar riqueza coa posta en valor dos recursos naturais e o uso das novas tecnoloxías.
O titular do organismo provincial fixo este anuncio durante a entrega de diplomas á primeira ducia de empresas rurais e de alimentos autóctonos que lucirán as marcas Lug02 e Lugo Sabe, logo de participar nun proxecto piloto que levou a cabo a Deputación nos últimos meses. Gómez Besteiro salientou que “o obxectivo desta iniciativa é convertir ás empresas turísticas e alimenticias da provincia nun referente en España que se traduza en beneficios económicos. Lug02 e Lugo Sabe garanten servizos e produtos de auténtica calidade, ó tempo que fomentan as boas prácticas medioambientais. Sen dúbida, o medio ambiente á a nosa oportunidade económica”.
Requisitos dos distintivos
A marca Lug02 está dirixida a establecementos turísticos como hoteis, balnearios, campamentos, casas rurais, pazos, restaurantes ou comercios. Este distintivo, ademais de rexirse polas Normas de Calidade Turística –ICTE- que avalan servizos óptimos como accesos para persoas con discapacidade, material informativo en todos os idiomas, infraestruturas de calidade ou atención de persoal cualificado, está ligado á implantación das novas tecnoloxías, á conservación do medioambiente e ó impulso dos produtos alimenticios da provincia.
As empresas Lug02 deben garantir a conexión a Internet, favorecer o emprego de fontes de enerxía renovables, reducir a xeración de residuos, o consumo da luz, agua e incluír medidas encamiñadas á educación ambiental e á sensibilización co entorno natural. Este distintivo obriga a ser punto de comercialización de produtos Lugo Sabe, de alimentos coa Denominación de Orixe, coa Indicación Xeográfica Protexida ou rexistrados no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia –CRAEGA-. Deste xeito, no caso dun restaurante ou dun hotel, deberase incluír no menú o consumo destes produtos e mesmo ter lugares de venda.
A marca Lugo Sabe ofrece produtos autóctonos sometidos a rigorosas prácticas hixiénicas e de control en toda a cadena de fabricación: produción, envasado, envalaxe, almacenamento e distribución.
O obxectivo desta marca é revalorizar o produto agroalimentario e, en paralelo, a Deputación está a traballar na creación dun portal web para súa a compra on-line, evitando intermediarios na cadea de distribución e, por tanto, mellorando e aumentando as posibilidades de negocio. Ó mesmo tempo, esta iniciativa dará a coñecer os alimentos Lugo Sabe ós empresarios de fóra da provincia, xa que gañará espazo de distribución.
Ambas as dúas iniciativas enmárcase no programa medioambiental da Deputación Lug02 dotado de 5 millóns de euros, co-financiado nun 70% con fondos FEDER, e nun 30% polo organismo provincial. Trátase dun proxecto que busca crear riqueza na província mediante a posta en valor dos recursos naturais das 3 Reservas da Biosfera, e do Courel.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).