Nota de Prensa
A DEPUTADA EMMA ALVAREZ CHAO FOI NOMEADA VOCEIRA DE MONTES DO GRUPO POPULAR NO PARLAMENTO DE GALICIA
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2010.- O Grupo Parlamentario Popular no Parlamento de Galicia ven de nomear a deputada lucense Emma Álvarez Chao como voceira de Montes, dada a súa ampla experiencia e coñecementos sobre a materia. O Grupo Popular xa decidira segregar ó principio desta lexislatura esta portavocía da de Medio Rural, dada a especial relevancia do monte en Galicia, tanto por extensión como pola súa riqueza, manifestando así o seu compromiso cunha xestión que valorice ese potencial, dende o punto de vista socioeconómico e ambiental. Para o voceiro do Grupo Popular, Manuel Ruiz Rivas, esta portavocía era demandada e coincide coa importancia que lle da o actual Goberno da Xunta de Galicia ó futuro da política forestal na nosa Comunidade, como así o amosa a preparación dun proxecto de lei nesta materia.
Emma Álvarez chao naceu en Lourenzá (Lugo) no ano 1974, é diplomada en Ciencias Empresariais ca especialidade de Empresa Financeira pola Universidade de Santiago e dende xuño de 2007 é concelleira-delegada de Medio Rural e Medio Ambiente no Concello de Lourenzá.


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



