LUGO .- Unha UTE poñerá en marcha o proxecto “de maior investimento en TICs feito nunca en Galicia nun só prego, 7 millóns de euros dos cales o 70 por cen é cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europea”, aseguran dende a Deputación e explican que a iniciativa asegura a implantación da e-administración no organismo provincial e 66 concellos lucenses en 13 meses.
Nota de Prensa
A Deputación adxudica definitivamente o programa Innova-TE á UTE Mnemo-Software AG-Fujitsu
– Concluiu sen unha soa alegación o proceso de contratación do maior investimento en TICs feito nunca en Galicia
– Esta unión de empresas implantará a e-administración na provincia, garantizando emprego en Lugo e o remate dos traballos en 13 meses
– O proceso de contratación estivo marcado pola transparencia, a publicidade e unha convocatoria pública de todos os interesados –un sistema que agora están a imitar outros organismos como a Deputación de Pontevedra
– A Xunta de Goberno aprobou o presuposto de 119.932 euros para a execución de obras adicionais na CP 5302 de San Clodio a Casares, en Ribas de Sil, e novas obras dentro do canon de Chantada
A Deputación acaba de adxudicar definitivamente o programa tecnolóxico Innova-TE á unión temporal de empresas formada por Mnemo-Software AG-Fujitsu. Logo de concluír o tempo legal para presentación de alegacións, finalizou o prazo sen recibirse nin unha soa, nun proceso marcado desde o principio pola máxima transparencia e publicidade. Esta UTE é a encargada de poñer en marcha o ambicioso proxecto da Deputación, o de maior investimento en TICs feito nunca en Galicia nun só prego -7 millóns de euros dos cales o 70% é cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europea-, e que asegura a implantación da e-administración no organismo provincial e 66 concellos lucenses en 13 meses.
O Deputado de Persoal, Melchor Roel, destacou que “a UTE garantizará a creación de emprego directo e indirecto na provincia, un obxectivo imprescindible da Deputación dende o inicio do proceso. O Innova-TE permitirá ós cidadáns solventar dende Internet os trámites coa administración que agora requiren presencia física, ademais doutros novos, aforrando tempo e diñeiro”.
Compañías avaladas polo seu prestixio
-Mnemo: máis de 6.000 profesionais e sucursais en Europa e América. Entre os seus clientes: o Tribunal Constitucional, AENA, Ministerio de Presidencia, Concello de Madrid, Sanitas ou 7 dos 10 bancos máis importantes como BBVA ou Santader.
-Software AG: nado en Alemaña, é o principal proveedor das Administracións Públicas en España e o terceiro proveedor mundial en software empresarial. Entre os seus proxectos máis relevantes en España destaca o DNI electrónico -que está desenvolvendo co Ministerio do Interior-, é unha compañía referente co sistema de xestión integral da Tesourería Xeral da Seguridade Social e co sistema de cobro de desemprego do INEM.
-Fujitsu: terceira compañía mundial en tecnoloxías da información. Entre os seus clientes en España destaca a Comunidade gobernada por Esperanza Aguirre así como a Generalitat de Cataluña ou a valenciana, Telefónica, Unión Fenosa, El Corte Inglés ou os caixeiros de La Caixa.
A UTE incorpora a subcontratación da compañía Novasoft, que recibiu o Premio Príncipe Felipe á Excelencia Empresarial en 2007 e ten experiencia acreditada na implantanción da administración electrónica en deputacións similares á lucense.
Proceso transparente
Ademais de presentar o Innova-TE publicamente a todos os posibles licitadores, a Deputación iniciou a contratación deste programa con catro publicacións oficiais diferentes: no Diario Oficial da Unión Europea, Boletín Oficial do Estado, Boletín Oficial da Provincia e na propia web provincial. Celebrou unha xornada informativa aberta a todos os interesados para esclarecer calquera dúbida, un sistema que agora tamén están a imitar outros organismos como a Deputación de Pontevedra, e habilitou un departamento específico para dúbidas.
“As sete ofertas recibidas na Deputación, con máis dunha ducia de prestixiosas empresas nacionais e internacionais, foron avaliadas nunha mesa de contración na que participaron todos os grupos políticos agás o Partido Popular, que foi o único que desculpou a súa ausencia”, apuntou Melchor Roel.
1M€ para a mellora da CP 5302
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este luns o presuposto de 119.932 euros para a execución de obras adicionais na CP 5302 de San Clodio a Casares, en Ribas de Sil. Estes traballos a maiores, que realizará o organismo provincial, adxudicáronse provisionalmente ó mesmo contratista que realiza a principal e na que se invisten 871.000 euros.
O Deputado de Persoal subliñou que “a Deputación executa con fondos propios as obras deste vial que afectan a un treito de máis de 12 quilómetros, dende o punto quilométrico 3,320 ó 15,600. A Deputación realiza estas obras a maiores co obxectivo de que a estrada quede en perfectas condicións. Unha tónica deste equipo de goberno é a aplicación de aglomerado en quente coa correspondente sinalización vertical e horizontal, de tal xeito que non só se garante a calidade da estrada senón tamén a seguridade dos viandantes”.
Nestes momentos, o organismo provincial está a investir máis de 20 millóns de euros nas estradas da provincia, entre as que se atopa a estrada de Ribas de Sil. Concretamente, estanse a arranxar 31 viais que pertencen a 30 Concellos. Ademais, acométese por primeira vez de xeito integral a sinalización das estradas, unha actuación na que investimos 2,2 millóns de euros.
3,7 millóns de euros para o canon en 2010
No Orzamento de 2010, a Deputación investirá 3.692.760 euros en todos os Concellos afectados polo canon hidroeléctrico. Desta cantidade, ó municipio chantadino correspóndelle 1.649.802 euros e ó resto dos municipios 2.032.952 euros. Na sesión de hoxe, o organismo provincial aprobou a contratación das obras de acondicionamentos dos accesos de Pereira a Baltar, en Chantada. Esta actuación pertence á anualidade de 2009 e o importe destes traballos é de 71.886 euros.
Roel subliñou que “deste xeito, a Deputación salda unha débeda histórica que arrastraba esta institución dende hai máis de 18 anos e aumenta o investimento en obra pública nos Concellos que teñen produción hidroeléctrica”.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



