Nota de Prensa
Presentará unha batería de iniciativas, tanto nos plenos municipais como no Parlamento de Galicia e o Senado para que o Executivo socialista central adxudique de xeito urxente o gasoduto da Mariña, compromiso que incumpre desde o ano 2008
O PARTIDO POPULAR BUSCA FORZAR AO GOBERNO CENTRAL A DESBLOQUEAR A CHEGADA DO GAS NATURAL
AOS CONCELLOS DA MARIÑA LUCENSE
* “As familias e as empresas desta comarca tamén teñen dereito a dispoñer da enerxía do futuro: o gas natural; máis barato, máis limpo, máis seguro e máis práctico que os combustibles actuais” –sentenciaron os deputados Balseiro e Álvarez Chao
* A senadora Gueimunde esixe saber os motivos polos que se está adiando esta infraestructura vital para a economía da comarca e reclamará ao Executivo socialista que concrete prazos.
Burela, 31 de marzo de 2010.- O Partido Popular busca forzar ao Goberno central a desbloquear a chegada do gas natural aos concellos da Mariña lucense, para iso presentará unha batería de iniciativas, tanto nos distintos plenos municipais como no Parlamento de Galicia e o Senado a través das que instará ao Executivo socialista central a adxudicar de xeito urxente o gasoduto da Mariña, un compromiso que o Goberno de Zapatero incumpre desde o ano 2008.
En rolda de prensa, celebrada no día de hoxe, os deputados autonómicos Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao explicaron que as familias desta comarca tamén teñen dereito a dispoñer da enerxía do futuro –en referencia ao gas natural-. “Non podemos nin queremos resignarnos a que A Mariña lucense perda de novo un servizo, como consecuencia dos recortes e a falta de compromiso do Goberno socialista central”-concluíron.
MÚLTIPLES VANTAXES
Entre as múltiples vantaxes desta nova fonte de enerxía está que é moito máis barato que os combustibles empregados na actualidade; máis limpo, pois reduce considerablemente as emisións negativas para o medio ambiente; máis seguro, pois o gas natural non é tóxico, é inodoro, incoloro e un 65% máis lixeiro o que o aire o que permite que se disipe rapidamente diminuíndo a posibilidade de combustión; e máis práctico, pois pode ser distribuído a través de sistemas de tubaxe o que garante un servizo continuo e eficiente.
INCUMPRIMENTOS SOCIALISTAS
Balseiro e Álvarez Chao lembaron que o gasoduto, incluído na planificación estatal dos sectores do gas e a electricidade 2002-2011 cunha categoría A (o que xustificada a súa viabilidade técnica e económica e polo tanto a súa prioridade de execución), aínda non se puxo en marcha, cando as previsións do Executivo apuntaban ao 2008 como o ano en que deberían estar adxudicadas as obras de construción.
Os parlamentarios autonómicos subliñaron que o director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, en comparecencia na Comisión 6ª de Industria, enerxía, comercio e turismo do 12 de Marzo do 2010, na Cámara galega, asegurou que mantivo contactos co Estado –o último o pasado 11 de Novembro- dos que obtido o compromiso de rematar cos obstáculos de tipo xurídico que impedían a adxudicación definitiva da rede de distribución de gas na Mariña. Malia todo a devandita promesa tampouco se cumpriu polo que en xaneiro deste mesmo ano a Xunta remitiu unha carta ao Ministerio recordándolle os compromisos adquiridos para con esta infraestrutura, da que aínda se agarda contestación.
SENADO: PREVISIÓNS E PRAZOS CONCRETOS
Na rolda de prensa tamén deron conta das iniciativas impulsadas pola senadora María del Carmen Gueimunde quen esixe saber os motivos polos que se está adiando esta infraestrutura vital para a economía da comarca. Con este reclamára na Cámara baixa ao Executivo socialista que concrete prazos e que confirme se o proxecto sigue nos plans estatais do Goberno.
Gueimunde quere saber cales son as previsións do Goberno para este exercicio en relación a esta infraestrutura e recorda que concellos como Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Xove e Viveiro –beneficiaros da primera fase de implantación- a consideran estratexicamente moi relevante. “O gasoduto non só achegaría aos fogares da bisbarra as vantaxes dun combustible máis seguro e menos contaminante, senón que resultaría esencial para grandes empresas asentadas na zona como a multinacional ALCOA”.


















A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



