NOTA DE PRENSA
O Diario Oficial de Galicia publica no día de hoxe a licitación por procedemento de urxencia das obras de reforma da cuberta, da rampla de acceso e de ampliación da unidade de farmacia e arquivo deste centro
BALSEIRO VALORA MOI POSITIVAMENTE O INVESTIMENTO DE MÁIS DE 615.000 EUROS EN OBRAS PARA O HOSPITAL DA COSTA
* Esta actuación amosa a vontade do Goberno de Feijóo por potenciar o hospital de Burela, na liña do discurso que sempre mantivo o PP, e deixa en evidencia a socialistas e nacionalistas que mediante falsidades e manipulacións intentan desacreditalo.
* Estas obras contemplan un investimento maior, en tan só un ano de Goberno, que o executado polo bipartito no conxunto da pasada lexislatura –conclúe Balseiro.
Santiago, 15 de marzo de 2010.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol vén de manifestar a súa satisfacción e valorar moi positivamente a achega dun investimento superior aos 615.000 euros –máis de 100 millóns das antigas pesetas- en obras para o Hospital da Costa de Burela. No día de hoxe o Diario Oficial de Galicia fai pública a licitación por procedemento de urxencia das obras de reforma da cuberta, da rampla de acceso e de ampliación da unidade de farmacia e arquivo deste centro. A resolución da Xunta establece un prazo de execución de 6 meses para desenvolver estes traballos.
Balseiro subliña que o devandito investimento demostra a vontade do novo Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo por potenciar este centro hospitalario e vén a reforzar o discurso que sempre mantivo o Partido Popular, “na liña de apostar polo Hospital da Costa, pola súa plena autonomía, pola súa mellora, polo incremento dos seus servizos”. Xunto a isto o parlamentario do PPdeG insiste en que esta decisión deixa en evidencia a aqueles –en referencia a PSOE e BNG- “que tanto descrédito lle quixeron facer ao Hospital da Costa, que tanto se cansaron de contar mentiras e manipulacións e incluso chegaron a afirmar que se convertería nun simple ambulatorio ou que pecharía para trasladarse ata a cidade de Lugo”.
Finalmente cómpre subliñar que o devandito investimento, que chega a piques de cumprirse o primeiro ano de Goberno dos populares na Xunta, é moi superior ao executado nos anteriores catro anos por PSOE e BNG. “Vexe claramente quen está a potenciar o hospital e mellorar o sistema público de saúde da nosa comarca a través dun impulso claro e positivo, e quen estaba por marxinalo na pasada lexislatura”-conclúe Balseiro Orol.

















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



