FOZ .- Presentouse de xeito oficial, na Casa da Xuventude de Foz, o torneo de baloncesto de categorías inferiores BasketFoz 2010, que se disputará entre o 27 e o 30 no pavillón de Marzán. O delegado de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, resaltou que “o traballo a prol da potenciación do baloncesto de base que está a levar a cabo o club Celtas de Foz, consolidando o torneo BasketFoz na súa terceira edición”
Nota e Prensa
ESTA TARDE PRESENTOUSE O BASKETFOZ 2010
Antonio Veiga resaltou “o traballo a prol da potenciación do baloncesto de base que está a levar a cabo o club Celtas de Foz, consolidando o torneo BasketFoz na súa terceira edición”
Participarán no torneo 12 equipos cadetes e júnior e, xunto aos galegos, competirán clubs do País Vasco, Asturias ou Castela e León
FOZ, 25 de marzo de 2010. Esta tarde, na Casa da Xuventude de Foz, presentouse de xeito oficial o torneo de baloncesto de categorías inferiores BasketFoz 2010, que se disputará entre o 27 e o 30 no pavillón de Marzán, e este ano acada a súa terceira edición. Este torneo, que disputan 12 equipos das categorías cadete e júnior de diferentes partes do Estado, está organizado polo club de baloncesto Celtas de Foz co patrocinio e a colaboración da Área de Deportes da Deputación.
O nacionalista Antonio Veiga, delegado de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, quixo destacar no momento da presentación do torneo “o traballo a prol da potenciación do baloncesto de base que está a levar a cabo o club Celtas de Foz, consolidando o torneo BasketFoz na súa terceira edición”. Iniciativas coma esta, asegurou o nacionalista Veiga, “facilitan a consolidación desta práctica deportiva na zona, ao tempo que serven como elemento dinamizador e socializador para a xuventude e as súas familias”.
O BasketFoz 2010 disputarano un total de doce equipos das categorías júnior e cadete, seis equipos de cada categoría. Estes enfrontaranse divididos segundo a súa categoría nun sistema de competición por grupos, asegurando que cada equipo dispute varios partidos. Os equipos que participan este ano na competición mariñá son:
Categoría Cadete Categoría xuvenil
CB Celtas Primera Calidad (Foz) CB Celtas Primera Calidad (Foz)
CB Viveiro CB Corpi (Xixón)
CB Corpi (Xixón) Grupo Cultura Covadonga (Xixón)
Grupo Cultura Covadonga (Xixón) CB Santurtzi (País Vasco)
Gayolo Begacar Santo Domingo (Betanzos) Colexio Leonés (Castela e León)
Tirso de Molina (Ferrol) CB Arteixo
CALENDARIO
CB Celtas de Foz basketfoz 2010
CATEGORÍA CADETE
GRUPO A GRUPO B
1. CB CELTAS PRIMERA CALIDAD (FOZ)
2. CB VIVEIRO
3. CB CORPI (GIJÓN)
1. GRUPO CULTURA COVADONGA (GIJÓN)
2.GAYOLO BEGACAR SANTO DOMINGO (BETANZOS)
3. TIRSO DE MOLINA (FERROL)
SÁBADO 27 MARZO 2010
MAÑANA
12:00 Recepción de equipos
13:00 Reunión informativa / Entrega de documentación
TARDE
15:00 CB CELTAS – CB VIVEIRO Grupo A
16:45 GRUPO COVADONGA – GAYOLO BEGACAR Grupo B
18:30 CB CELTAS – CB CORPI Grupo A
20:15 GAYOLO BEGACAR – TIRSO DE MOLINA Grupo B
DOMINGO 28 MARZO 2010
MAÑANA
09:00 CB VIVEIRO – CB CORPI Grupo A
10:45 Fases previas concursos
11:30 GRUPO COVADONGA – TIRSO DE MOLINA Grupo B
TARDE
15:15 2º GRUPO B – 3º GRUPO A ELIMIN 1
17:00 2º GRUPO A – 3º GRUPO B ELIMIN 2
18:45 Finales concursos
19:15 1º GRUPO A – GANADOR ELIMIN 1 SEMI 1
21:00 1º GRUPO B – GANADOR ELIMIN 2 SEMI 2
LUNES 29 MARZO 2010
MAÑANA
09:00 PERDEDOR ELIMIN 1 – PERDEDOR ELIMIN 2 5º y 6º
11:00 PERDEDOR SEMI 1 – PERDEDOR SEMI 2 3º y 4º
13:00 GANADOR SEMI 1 – GANADOR SEMI 2 FINAL
14:45 ENTREGA DE PREMIOS
CB Celtas de Foz basketfoz 2010
CATEGORÍA JUNIOR
GRUPO A GRUPO B
1. CB CELTAS PRIMERA CALIDAD (FOZ)
2. CB SANTURTZI (SANTURCE)
3. CHIPBIP CORPI (GIJÓN)
1. CB ARTEIXO (ARTEIXO)
2. COLEGIO LEONÉS (LEÓN)
3. GRUPO CULTURA COVADONGA (GIJÓN)
LUNES 29 MARZO 2010
TARDE
16:30 CB ARTEIXO – COLEGIO LEONÉS Grupo B
18:15 CB CELTAS – CB SANTURTZI Grupo A
20:00 CB ARTEIXO – COVADONGA Grupo B
MARTES 30 MARZO 2010
MAÑANA
9:00 CB CELTAS – CHIPBIP CORPI Grupo A
10:45 COLEGIO LEONÉS – COVADONGA Grupo B
12:30 CB SANTURTZI – CHIPBIP CORPI Grupo A
TARDE
17:00 2º GRUPO B – 3º GRUPO A ELIMIN 1
18:45 Fases previas concursos
19:30 2º GRUPO A – 3º GRUPO B ELIMIN 2
MIÉRCOLES 31 MARZO 2010
MAÑANA
9:00 1º GRUPO A – GANADOR ELIMIN 1 SEMI 1
10:45 Finales concursos
11:30 1º GRUPO B – GANADOR ELIMIN 2 SEMI 2
TARDE
15:00 PERDEDOR ELIMIN 1 – PERDEDOR ELIMIN 2 5º y 6º
16:45 PERDEDOR SEMI 1 – PERDEDOR SEMI 2 3º y 4º
18:30 GANADOR SEMI 1 – GANADOR SEMI 2 FINAL
20:00 ENTREGA DE PREMIOS





















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



