Nota de Prensa
O BNG DE FOZ DESAPROBA EN PLENO O DESCONTROL DE GASTO DO GOBERNO MUNICIPAL
González Basanta afirma que “o alcalde gastou máis de 6 millóns de euros do remanente de tesourería en 3 anos de lexislatura”
Foz, 26 de marzo de 2010.- O BNG de Foz no pleno de onte volveu a reiterar as súas críticas á xestión municipal. Novamente, coma todos os anos, o alcalde levou a pleno un novo expediente extraxudicial de crédito para pagar facturas de gastos do ano pasado sobrepasando en moitos casos as partidas orzamentadas. Polo tanto, o primeiro que terá que recoñecer o grupo de goberno é que os seus orzamentos –que o BNG lle votou en contra entre outras cousas por non ser realistas- non serven para nada porque os gastos reais ao final superan sistemáticamente os créditos consignados.
Tamén é reprobable que se aprobara polo Pleno o ano pasado un Plan de Saneamento con medidas concretas para levar un maior control do gasto e que o grupo de goberno non estea facendo nada en seguir ese plan e segue gastando sen ningunha previsión.
Dentro das facturas de gasto que se presentaron podemos distinguir aquelas na que o retraso é imputable aos suministradores e contratistas e aquelas en que o retraso é culpa do propio grupo de goberno e das súas áreas de xestión ao non darlles conformidade en tempo e forma, un feito inxustificable e só atribuible á súa desidia e ineficiencia. Tampouco se tomou ningún tipo de medida con aquelas facturas irregulares e que están reparadas polo servizos de Intervención: estamos falando das referidas á impartición de cursos por persoas que non están dadas de alta no IAE e outras que non seguiron o procedemento legalmente establecido en canto á súa contratación.
Para o González Basanta estamos diante dun exceso de gasto e dun descontrol do mesmo. A este paso os que están xestionando actualmente o Concello están deixándoo sen fundos propios para posibles continxencias ou para investir en servizos que redunden no benestar das persoas: servizos sociais por exemplo ou plans de emprego serios. Para mostrar o dito salientar un dato que xa é público: tiñamos un remanente de tesourería no ano 2007 de máis de 6 millóns de euros. Pois ben, unha vez descontada esta modificación de crédito queda no remanente só 399.014 €. É dicir, o grupo de goberno socialista no que levan de lexislatura gastaron e malgastaron 6 millóns de euros en 3 anos, a 2 millóns de euros por ano.
O BNG votou en contra dunha subvención de 6.000 euros a un artista catalán para facer unhas reproduccións sobre a temática de San Rosendo sen ningún tipo de contraprestación máis que a súa exposición. En primeiro lugar porque o convenio con dito artista estaba xa asinado polo alcalde do día 5 de marzo sen consultar ao Pleno que é o que ten a competencia de conceder as subvencións, cousa que o alcalde recoñeceu que obrou mal. E en segundo lugar, porque o BNG non entende nin comparte que se lle outorgue unha subvención de tantos cartos a unha persoa de forma directa sen mediar ningún tipo de concurso ou certame que sería a fórmula máis correcta de facelo. González Basanta “anima a todos os artistas de Mariña e de fóra a pasar polo Concello de Foz a asinar un convenio similar e recoller os seus 6.000 euros para algunha obra que teñan realizando como se fixo nesta ocasión”.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



