NOTA DE PRENSA
A Xunta bipartita non presentou ningunha oferta “con buzón ou sen buzón” no momento en que se coñeceu que a empresa ENCE estudaba trasladar as súas operacións ao porto do Musel en Xixón
BALSEIRO AMOSA O MÁXIMO APOIO DO PPdeG ÁS XESTIÓNS DA XUNTA PARA QUE SE MANTEÑA A ACTIVIDADE DE ENCE EN MIRASOL E SUBLIÑA OS MESES PERDIDOS POLO BIPARTITO NESTA CUESTIÓN
* “Nós non imos á guerra con ninguén” –explicou Balseiro- “o que facemos desde o PPdeG é defender os intereses de Galicia e da Mariña lucense, igual que o Principado o fai de Asturias”
* O PP pide a FEVE e a FOMENTO (PSOE) “o mesmo grado de implicación con Ribadeo” que o previsto co porto de Xixón onde executarán investimentos millonarios.
Santiago, 25 de marzo de 2010.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, amosou o seu total apoio á iniciativa do Ente Público Portos de Galicia –dependente da Consellería do Mar- quen adoptou a iniciativa de presentar una oferta en defensa da continuidade da actividade da empresa ENCE no porto de Mirasol (Ribadeo).
Balseiro valorou moi positivamente o ofrecemento feito pola Xunta á empresa papeleira que a día de hoxe opera desde este porto galego e que pasa por mobilizar preto de catro millóns de euros de recursos autonómicos a favor de Mirasol, con actuacións que inclúen desde a redución de taxas portuarias a melloras diversas nas infraestruturas existentes.
EN DEFENSA DOS NOSOS INTERESES
O voceiro popular insistiu que o único que fan desde a Xunta e desde o PPdeG é defender os intereses de Galicia e da Mariña lucense, e do preto de millar de empregos que directa e indirectamente están relacionados coa actividade portuaria de Ribadeo, ao igual que o Principado mira polos intereses de Asturias. “Nós non imos á guerra con ninguén”-concluíu Balseiro- de feito salientou que os efectos positivos da presenza de ENCE en Mirasol, benefician por igual á Mariña oriental e aos concellos asturianos limítrofes coa ría de Ribadeo.
MESES PERDIDOS POLO BIPARTITO
O voceiro do Mar do Grupo Popular non quixo esquecer que aínda que se coñece desde fai anos que a empresa ENCE tiña sobre a mesa a “alternativa asturiana” non foi ata que chegou un Goberno do Partido Popular cando se adoptou unha iniciativa de “contraofensiva”, como nesta caso foi a oferta dos actuais responsables de Portos de Galicia. Polo tanto coa Xunta bipartita perdéronse meses, incluso anos, que puideran resultar de vital importancia na defensa da permanencia desta actividade estratéxica.
“O bipartito non presentou ningunha oferta, con buzón ou sen buzón, no momento en que se coñeceu que a empresa ENCE estudaba trasladar as súas operacións ao porto do Musel en Xixón”- replicoulle Balseiro ao socialista Ismael Rego- a quen lle acusou de “parecer máis un parlamentario de Asturias, que un deputado galego, pola tibieza na defensa do noso porto”
APOIO DE FEVE E FOMENTO
Balseiro está convencido de que “Fomento e FEVE (PSOE) non está a colaborar con Galicia igual que co Principado de Asturias” e desexa que, dado que o departamento ministerial está presidido por un ministro galego, Jose Blanco, e porque ademais supón unha decisión responsable de equilibrio territorial, sexan capaces de desenvolver polo menos “o mesmo nivel de colaboración con Galicia que o feito co Principado”. O voceiro do Mar do PPdeG referiuse expresamente á colaboración de FEVE para a instalación dunha área de carga de descarga no polígono industrial de Ribadeo, e dun acceso directo pola circunvalación desta vila ata o porto de Mirasol.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



