RIBADEO .- o Rexistro da Propiedade de Ribadeo incorporou a finais de 2009 o programa Xeobase, por medio do que se pode completar a descrición literaria dos predios inscritos cunha base gráfica das mesmas.
Desde Novembro, a práctica totalidade dos predios que foron obxecto de transmisión, foron incorporadas ás bases gráficas de que dispón o Rexistro (en cumprimento das esixencias do Artigo 9 da Lei Hipotecria). Ademais, varias dos predios inscritos nos meses anteriores foron obxecto de identificación e incorporación á base gráfica, aínda sen levar a cabo ningunha operación rexistral sobre as mesmas. En total, en tan só tres meses, son xa 5737 os predios identificados por medio das aplicacións informáticas introducidas en Novembro.
Este exitoso resultado, que se verá considerablemente incrementado nos próximos meses, é o resultado do excelente traballo levado a cabo polos profesionais que traballan no Rexistro de Ribadeo e os da Oficina Técnica do programa Geobase, de que dispón o Colexio de Rexistradores en Galicia.
Con estes avances, o Rexistro da Propiedade e Mercantil de Buques de Ribadeo, situado en cálea da Alza 5, seguirá aberto ao público de Luns a Venres de 9 a 14 e de 16 a 18 e os Sábados de 9 a 14 horas.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



