NOTA DE PRENSA
O Bloque pide en Xove que a desinfección dos transportes de gando siga sendo de balde
O Bloque Nacionalista Galego de Xove anunciou onte que no vindeiro pleno solicitará que se manteña a gratuidade dos servizos de desinfección de vehículos de transporte de gando. Esta medida aféctalle especialmente aos tratantes da Feira de San Bartolo (Xove), un mercado de compra e venda de gando que se vén celebrando desde sempre o 24 de agosto en Penasagudas (parroquia de San Isidoro de Monte).
O goberno do PP na Xunta fixo pública a súa intención de que a eliminación de xermes dos vehículos que transporten animais vivos deixará de ser gratuíta para os usuarios e se verá gravada cunha taxa que oscilará entre os 6 e os 25 euros. Esta medida unilateral do executivo de Feijoo afectará no seu inicio a tratantes e transportistas en xeral, pero acabará repercutindo nos gandeiros e, en última instancia, no peto de todos os consumidores que adquiran o produto final.
Marco López, responsábel local dos nacionalistas xovenses, declarou que, desde a Consellaría do Medio Rural do anterior goberno da Xunta, o BNG mantivo a gratuidade deste servizo como mostra da política de apoio ao sector gandeiro, de suma importancia para os profesionais que exercen esta actividade en diferentes parroquias do Concello de Xove.
Por todo isto, o grupo municipal do BNG instará na Cámara Municipal a esixencia do mantemento do servizo público e gratuíto de desinfección dos vehículos que acudan con gando aos recintos das feiras.
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



