CERVO .- É xusto recoñecer, que o ciclón Xynthia deixou na Mariña unha escena que todos debemos recordar e por suposto admirar, esta non foi outra que o comportamento dos cidadáns en materia de prevención, se hai pouco máis dun ano, o Klaus, sorprendíanos a todos pola súa virulencia e aínda que a alertas emitíranse no mesmo grao de gravidade, as imaxes entre un e outro son afortunadamente moi distintas, estradas case baleiras, rúas na máis absoluta soidade, establecementos pechados, actividades deportivas suspendidas e así un longo etc., dan mostra da responsabilidade dos cidadáns cando desde as instancias de Protección Civil, advírteselles dos riscos que pode supor unha conduta temeraria. É certo que afortunadamente as peores previsións de vento non se cumpriron nesta comarca, pero simplemente por capricho da propia cicloxénese, e afortunadamente a sorte esta vez estivo da nosa parte, pero simplemente foi sorte, pero os cidadáns deron un exemplo de comportamento e por ese motivo creo de xustiza recoñecelo, aplaudilo e celebralo.
A cultura da prevención, alicerce básico da Protección Civil, está dando os seus froitos e ese é o maior síntoma de madurez dunha sociedade que aínda en situación de risco, sabe que sen a súa achega, pouco ou moi pouco poden facer nin as autoridades, nin os servizos de urxencia. A súa colaboración reduciu o risco, evitou intervencións innecesarias e sobre todo a facilitado aos servizos de urxencias o seu traballo, aos cidadáns só quédanos dicirlles, grazas.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



