FOZ / XOVE (MF0) .- O Celtas-Primera Calidad gañou o seu terceiro partido da tempada ( 71-69 ), contra o Reale-thebes da Estrada, a pesar que xa non se xoga nada decisivo, pois xa esta descendido matematicamente. Pola súa banda o Xove non puido gañar na súa visita a Vigo ( 67-58 ) aínda que xogou un bo partido.
O Celtas-Primera Calidad conseguiu gañar o seu partido que tivo que se tivo que xogar pola maña debido ao torneo Basketfoz 2010. O partido púxose moi complicado para os focenses que na primeira parte non encontraban o seu bo xogo e tiveron que marcharse ao descanso dez puntos abaixo. A reacción na reanudación foi espectacular pois deixaron aos da Estrada en oito puntos no terceiro cuarto para coller unha boa vantaxe no marcador. Nos últimos minutos o Celtas atragantouse en ataque e os visitantes lograron empatar. Pero a pesar de fallar varios tiros libres os focenses puideron celebrar finalmente a vitoria. Polo Celtas-Primera Calidad xogaron: Lucas (14), Sama (23), Diego (4), Humberto (8), Manolo (8) – Aarón (14), Eduardo e Adrián.
O Xove xogou un bo partido pero foi insuficiente para gañar ao líder, o C. B. Vigo AM. O partido tivo que decidirse nos minutos finais nos que os de Vigo foron mais determinantes Os mariñáns víronse beneficiados pola vitoria do Celtas e non perderon ningunha posición na clasificación.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



