FOZ / XOVE (MFO) .- O Celtas de Foz por fin puido celebrar, e ante a súa afección, a ansiada segunda vitoria da tempada tras gañarlle ao C. B Noia, terceiro da táboa, por 93 puntos a 87. Pola súa banda o Xove non puido manter a racha de vitorias e caeu no derbi provincial ante o C. B. Sarria, por un contundente 64 a 87.
O Celtas-Primera Calidad logrou por fin a segunda vitoria ante o Noia, que visitaba Marzán como terceiro clasificado. O gran acerto anotador foi a clave da vitoria, pois os 93 puntos anotados son a mellor marca da tempada para os de Foz.
O partido comezou cunha tremenda igualdade pero un pequeno baixón dos locais no final do segundo cuarto deulle unha renda de sete puntos ao Noia no descanso. Na segunda metade a diferenza foise ata os dez puntos, pero a coraxe do Celtas levouno a remontar o resultado para que se decidira o partido nos minutos finais.
Neste momento foi cando a porcentaxe en triplas e tiros libres dos focenses foi espectacular logrando así a vitoria por 6 puntos de diferenza. Cabe destacar a impresionante actuación do numeroso público de Foz que non deixou de animar aos seus en ningún momento.
Polo Celtas-Primera Calidad xogaron: Miguel (9), Manuel (3), Sama (26), Angel (5), Manolo (13) – Lucas (18), Humberto (19), e Adrián.
Xove 64 – Sarria 87
O C. B. Xove non puido manter a racha de tres vitorias consecutivas, debido en parte as numerosas baixas, e caeu na casa ante o C. B. Sarria. O partido non foi nada cómodo para o Xove que non logrou facer a boa defensa que viña practicando en partidos anteriores. A diferenza no descanso xa era de 15 puntos e as expulsións de Alcalde, Juan María e Fernando impediron a posible remontada. O marcador final (64 – 87) reflexa a clara vitoria dos de Sarria.
Polo C. B. Xove xogaron: Aitor (13), Andrés (13), Juan María (11), Fernando (4), Alcalde (4) – Álvaro (2), Ángel (12), José David (5), Javi e Borja.


























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



