LUGO .- A Deputación aprobará no Pleno de maio as obras e investimentos do canon de 2010 de Chantada e a cuantía do resto de municipios que teñen produción hidroeléctrica. As actuacións, incluídas no Plan Extraordinario de Obra Pública, dotado con 60 millóns de euros, suman un total de 3.682.760 euros, de tal xeito que 1.649.802 corresponden ó municipio chantadino e o resto, 2.032.958, ós outros 15 Concellos. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, subliñou que “logo da aprobación no Pleno deste mes e despois de todos os resortes da Deputación para darlle un pulo a este macro Plan, en maio levaremos o canon para que estes investimentos se traduzan pronto en realidade. Deste xeito, liquidamos esta débeda histórica”.
Gato Soengas lembrou que o Plan de Obra Pública, presentado no día de onte, é unha iniciativa histórica, xa que a Deputación está en plena disposición dos cartos e non tivo que recurrir a créditos nin a financiamento externo. O Plan extraordinario está dotado con 21.923.665 euros. A esta cantidade hai que engadir outras actuacións singulares, así como os 37 millóns de euros que xa están contemplados no Orzamento de 2010, e que se destinarán a Concellos de todas as cores políticas.
Polígono da Fonsagrada
O voceiro provincial socialista anunciou destacou que a Deputación construirá o polígono da Fonsagrada unha vez que a Xunta de Galicia informe sobre a modificación puntual do proxecto realizada polo organismo provincial. Gato Soengas respondeu así ás declaracións realizadas polo Partido Popular nas que criticaban o retraso na execución desta infraestrutura, que está dotada com 2.520.000 euros e terá unha superficie aproximada de 100.000 metros cadrados.
Gato Soengas subliñou que “unha vez máis demóstrase a falta de rigor do señor Barreiro e de que dos papeles da Deputación non se entera. É incríble que se fagan estas declaracións porque o parque está parado porque a Xunta aínda non nos informou, logo o retraso do que falan hai que atribuirllo ó goberno de Feijóo. Barreiro xoga ó engano, e isto é un regate corto que en política non serve”.
A Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA) construirá o polígono industrial da Fonsagrada. Ubicarase á saída do núcleo urbano, no contorno da estrada que comunica este municipio com Lugo.
1º paso para a disolve a Fundación TOR
O vindeiro venres 30 de abril, ás 12:00 horas, celebrarase en TOR o padroado da Fundación Cinexética e Piscícola de Galicia para iniciar definitivamente a súa extinción. O voceiro provincial socialista realizou este anuncio e subliñou que “por fin dende a Xunta se atendeu ás sucesivas reclamacións da Deputación”. Neste senso, apuntou que “é curioso porque TOR forma parte do que chamamos administración paralela creada polo señor Fraga nun momento no que se destatou a febre da fundacións para montar chiringuitos destes e poder contratar e construir á marxe do dereito público. Foi xa o goberno bipartito, quen no seu día puxo as pedras necesarias”.
18 bolsas en Europa para xóvenes titulados
A Xunta de Goberno apropou a desestimación da contratación de dúas bolsas de prácticas en Estados Unidos para xóvenes titulados, así como outro programa en Europa, e que son superiores a estas dúas anuladas, xa que multiplican por 9 o número de beneficiarios. E dicir, de dúas pásase a 18 bolsas,
A anulación das de EEUU débese a dous motivos fundamentalmente, segundo Gato Soengas. “Analizamos o seu custe e a súa rentabalidade e vimos que as bolsas europeras eran moito más axeitadas. E, por outra banda, as Reservas da Biosfera de Lugo presenta máis similitudes cos espazos naturais europeos que cos estadounidenses”.
Ademais do incremento de beneficiarios, a Deputación tamén triplica a duración do programa. “Fronte ós catro meses das de EEUU, estas que aprobamos hoxe terán unha duración de doce meses que se contarán a partir da incorporación dos bolseiros”.
Este programa de becas, dotado con 144.000 euros, permitirá aumentar as posibilidades de inserción dos nosos xóvenes titulados, xa que primeiro aplicarán como bolseiros os coñecementos adquiridos durante os seus estudos, pero logo poderán continuar a súa carreira como emprendedores.
Tamén se aprobaron dez contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais, das que dúas son do ano 2008 e o resto de 2009. Suman un total de 109.288 euros, dos que a Deputacion achega 79.509. Pertencen ós Concellos de Muras, Sarria, Begonte, Castroverde (2), Guntín, Ribadeo, Ribas de Sil, Lugo e Saviñao.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



