LUGO .- O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, e o director de Lugopress, José de Cora, asinaron este luns un convenio de colaboración para realizar o proxecto audiovisual Calendario Extravagante. Trátase dunha iniciativa que inclúe 365 microespazos sobre curiosas historias de galegos no mundo que emitirá a Televisión de Galicia.
Antigos alumnos da Escola de Imaxe e Son formarán parte do equipo técnico grazas ó programa de becas remuneradas da Fundación TIC. Deste xeito, os recén titulados incorporaranse á rodaxe entre os meses de maio e xuño. Gómez Besteiro destacou a importancia desta iniciativa “coa que promocionamos a provincia, e cumprimos co principal obxectivo da Fundación: procurar a inserción laboral dos nosos alumnos”.
Pola súa banda, José de Cora agradeceu a colaboración da Deputación “xa que fai posible que na provincia se realicen estas producións”. O organismo provincial ten a única escola de imaxe e son de Lugo onde se forman ducias de mozos ó ano. Este tipo de colaboracións permiten ós recén titulados colaborar en proxectos audiovisuais como a longametraxe Os mortos van á presa de Ángel de la Cruz, a grande gañadora da anterior edición dos Premios Mestre Mateo.
Técnicos e bolseiros da Fundación TIC, xunto a outros profesionais de Lugopress, xa traballaron xuntos en Hitler, Garbo… e Araceli, un documental sobre a espía luguesa durante a dictadura alemana que se estreou no mes de xaneiro no Pazo Provincial, e que chegará a Madrid o vindeiro 20 de abril para logo continuar a súa promoción fóra da Comunidade.
A Deputación impulsa ademais a relación da EIS co sector empresarial mediante convenios de prácticas, bolsas, e diversas colaboracións. Na actualidade, a TIC mantén relación con máis de 60 empresas nacionais. Ademais, conta con máis de 10 convenios de colaboración con entidades sociais.
Calendario Extravagante
A Fundación TIC e Lugopress comezarán a traballar esta mesma semana na produción dos 365 microespazos que se emitirán na TVG a partir de xaneiro de 2011, de luns a venres, e ata mediados de 2012. Terán unha duración aproximada de 2 minutos, e contarán curiosas e extravagantes historias de galegos polo mundo. Por exemplo, o primeiro coche de Arxentina fíxoo coas súas mans un emigrante galego. O inventor da calculadora e da dobradora de papel tamén foi un cidadán da Comunidade.
70 destes capítulos estarán adicados á provincia de Lugo. Con eles descubriremos que a árbore máis vella de España sitúase en Viveiro, ou que a Deputación, no ano 1888, e sete meses antes da inauguración do Instituto Pasteur, pagou o traslado dun veciño de Monforte de Lemos infectado pola rabia a París para ser tratado. Foi o primeiro español curado no prestixioso centro. Nos seguintes anos, ó redor de 2.500 persoas coa mesma enfermidade sobreviven grazas a este tratamento.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



