Nota de Prensa
O GPPP: “Besteiro baixa a inversión na Conservación da rede viaria provincial”
* Os populares denuncian que no plan non se programan as actuacións a levar a cabo nas estradas provinciais.
* Poñen como exemplo de “eficacia e eficiencia” as estradas do concello de Trabada.
Lugo, a 22 de abril de 2010.- O GPP manifestou hoxe con absoluta contundencia que “o Plano de Conservación da rede viaria provincial é marcadamente electoralista e tén outro enorme defecto: non planifica nin programa as distintas actuacións que se deberían levar a cabo nas distintas estradas provinciais”.
Os populares consideran que con este plano a Deputación non está a facer ningunha aposta pola obra pública. Proba delo é que este plano simplemente está concentrando nunha sola adxudicación o gasto que tería que facer en dous anos, pero que porcentualmente baixa: de feito, o presuposto inicial deste plano, de dous anos, de vinte millóns e medio de euros incluido IVE, está por debaixo do presuposto que agora se remata. Para manter o ritmo de investimento, a Deputación debería gastarse 850 mil euros máis nas súas estradas nestos próximos dous anos.
Estas afirmacións foron efectuadas nunha visita de membros do Partido Popular ó Concello de Trabada, na que aproveitaron para verificar o desastroso estado das estradas da Deputación neste termo municipal. O presidente do PP lucense, José Manuel Barrreiro, e o alcalde e deputado provincial, José Manuel Yanes Ginzo, estiveron acompañados polos parlamentarios autonómicos Enma Alvarez e José Manuel Balseiro e polo portavoz adxunto na Deputación José María González Barcia. Os populares manifestaron que o estado das estradas da Deputación no concello de Trabada son o exemplo da forma de actuar do bipartito provincial: baches, e máis baches, é o que hai nas estradas provincias en Trabada.
Os populares aportaron datos sobre o plano da Deputación: “en primeiro lugar, faise un plano de dous anos de duración, o que en principio non estaría mal, pero que é sospeitoso de electoralismo porque dentro dun ano hai eleccións municipais”.
Ademais, o presidente dos populares lucenses manifestou que nos proxectos aprobados pola Deputación “ó contrario do que acontecía cos planos anteriores, agora non se especifican as actuacións preferentes a levar a cabo nas estradas provinciais ou en determinados tramos das mesmas. Só se fai constar no proxecto o volumen de gravilla, de asfalto, ou de aglomerado en quente que se vai usar, pero non se especifica onde”.
A xuizo dos populares, “neste caso, podemos asistir a un uso clientelar e caciquil do propio plano de conservación das estradas provinciais, porque será a propia Deputación a que decida onde se fan actuacións, e con que materiais e onde non”.





















A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



