Nota de Prensa
O PP ESTÁ A FACER A MESMA INTERPRETACIÓN PARTIDISTA CO POL QUE CO DECRETO DOS 500 METROS DO BIPARTITO
O PP de Cervo e o único que defende o POL que xa foi valorado negativamente por todos incluídas as empresas redactoras dos Planos de Ordenación Municipal
As valoracións que o BNG fixo do POL tiveron en conta os ditames técnicos e xurídicos en urbanismo e os datos ofrecidos pola Xunta
Cervo, 22 de abril de 2010. Os nacionalistas insisten en que o Plan de Ordenación do Litoral ten afeccións en Cervo tanto na liña de protección como de Mellora Ambiental e Paisaxística en 1.206has de solo das que 586has están por riba da franxa do 500mts da costa. O BNG demandou ao Alcalde e ao Partido Popular de Cervo mais lealdade cos veciños e veciñas e menos partidismo, xa que podería estar eludindo falar nas súas explicacións das afeccións determinadas pola Área de Mellora Paisaxística e Medioambiental que o PXOM deberá recoller e que na práctica son consideradas polo POL como espazos que deberían estar libres de usos residenciais.
Os nacionalistas ofrecen ao alcalde os seus informes técnicos cando deixe de seguir as directrices do partido e se poña a defender os intereses veciñais.
Os nacionalistas cervenses insistiron en que “todas as informacións difundidas nas súas charlas sobre o POL tiveron en conta ditames técnicos e xurídicos de sobrada solvencia”, que o portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, “ofreceu ao alcalde cando deixe de atender ás directrices que lle marca o partido e opte por defender os intereses veciñais”. Estúa criticou que Villares estea mais preocupado por desmontar o traballo feito polo BNG que en explicar con clareza os efectos do POL no futuro desenvolvemento urbanístico municipal.” Os nacionalistas engadiron que son moitos os informes xa elaborados por empresas dedicadas a estudos urbanísticos, e en tódolos casos coinciden en que o POL e un documento con numerosas grallas e contradicións, cheo de agravios comparativos e que pretende unha ordenación da Galiza costeira sen atender ao modo peculiar no que a poboación galega está asentada no litoral dende tempos inmemoriais.
Os nacionalistas insisten en que o POL fixa directrices de ordenación do territorio que son vinculantes sobre o planeamento municipal e deberán ser recollidas no PXOM.
O BNG insistiu en que o POL clasifica solo en Cervo con afeccións de 1206has de solo, das que 586 están por riba da franxa dos 500mts da costa. O POL distribúe as diferentes áreas de clasificación na zona de Protección de Área Marítima con 231,72has afectadas onde non está permitido ningún uso residencial, Área de Protección de Corredor con 18,96 has afectadas sen ningún uso residencial, Area de Mellora Paisaxística e Medioambiental con 304,07has afectadas nas que agás excepcións non estarán permitidos usos residenciais que o PXOM deberá atender no futuro a esta determinación, e por último 651,76has. incluídas ámbito de Ordenación nas que o PXOM deberá determinar os seus usos aínda que non están sometidas a ningún grao de protección.
Ademais o POL clasifica solos en zonas consideradas urbanizábeis ou urbanas non consolidadas nunha superficie total de 543,78has, das que 235,88 están por riba da franxa dos 500mts. da costa, repartidas en 113,46has incluídas en zona de Protección Marítima, 16,11has en zona de Protección de ríos, 176,44 na área de Mellora Paisaxística e Medioambiental e 247,22has para Ordenación. “Con estes datos e evidente que o POL ten afeccións moito mais importantes que o decreto dos 500mts., en moitos por riba desta franxa e con carácter de permanencia non provisional como sucedía co decreto do bipartito”, rematou Estúa
As afectacións do POL terán efectos moi negativos para o desenvolvemento urbanístico de diferentes núcleos do concello.
Por último, dende o BNG, volveron insistir en que non e de recibo que zonas do Guióncho e a Venta figuren no POL como novos asentamentos cando hai vivendas con mais de 200 anos, na mesma liña advertiron que hai zonas en Lieiro, Figueirido, Baltar, Cuíña, Rueta, Madeiro ou Fontao sometidas a diferentes graos de protección que deberán ser tidos en conta na redacción do PXOM con importantes efectos negativos para o seu futuro desenvolvemento. Urbanístico. “Estúa advertiu ao alcalde que non xogue con lume, a política do ti vai facendo e un fraco favor que se lle pode dar volta no futuro.”

















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



