Nota de Prensa
A Xunta recoñece que o 70% da madeira tirada polo Klaus en montes de xestión pública da Mariña aínda non foi retirada
O goberno do PP de abandona aos pequenos propietarios poñendo dificultades para acceder ás axudas para sacas e repoboacións nos montes afectados e non convoca a Mesa da Madeira que leva cinco meses sen reunirse
Veiga acusou a Balseiro e Chao de mentir á cidadanía en reiteradas ocasións comprometendo prazos dunha retirada que aínda non rematou
A Mariña, a 22 de abril de 2010. Na resposta ofrecida pola Consellaría do Medio Rural a preguntas presentadas no mes de setembro de 2009 en relación á retirada da madeira do Klaus recoñécese o incumprimento por parte da administración autonómica dos compromisos adquiridos en diferentes ocasións por representantes do Partido Popular sobre os prazos de retirada da madeira. O recoñecemento de que só se retirou o 30% nos montes de xestión pública na Mariña e a falta de datos nos montes de xestión privada, deixa en evidencia a parlamentares populares da comarca que garantiron a súa retirada primeiro en setembro, despois en novembro de 2009 e por último en maio de 2010. Os nacionalistas ademais denuncian o abandono por parte da administración aos pequenos propietarios mediante cláusulas nas ordes de axuda para sacas e repoboacións que lles impiden o seu acceso e a conxelación da Mesa da Madeira que aglutina a todo o sector forestal.
Política de propaganda e nin un só prazo dos comprometidos polo PP cumpridos
A resposta, con sete meses de retraso, a unha pregunta presentada polos parlamentares do BNG, Fernando Blanco e Tareixa Paz sobre os prazos de retirada da madeira derrubada polo ciclón Klaus deixa en evidencia os incumprimentos dos compromisos de parlamentares do PP mariñán en relación aos prazos de retirada da madeira derrubada polo ciclón Klaus en xaneiro de 2009. Para o Responsábel Comarcal nacionalista, Antonio Veiga, “nin a Consellaría do Medio Rural nin os seus recadeiros na Mariña cumpriron os seus anuncios con esta comarca xa que nin en setembro, nin en novembro, nin en maio estes traballos van estar rematados”. Veiga acusou ao Partido Popular de “mentir con reiteración e descaro nunha política de propaganda que cae polo seu propio peso”.
Nin recollen a madeira de xestión pública nin axudan aos pequenos propietarios forestais a recuperarse dos devastadores efectos do ciclón.
Segundo os datos ofrecidos na resposta da Consellaría do Medio Rural aos parlamentares nacionalistas, o volume de madeira derrubada polo Klaus en montes de xestión pública na Mariña e de 51.000m3, dos que so foron retirados 15.900m3, só o 31% do total. No tocante aos montes de xestión privada na comarca, a Xunta non ofrece datos de retirada, aínda que estima en 52.100m3 o volume da madeira para a que existen subvencións públicas para a súa retirada. Neste sentido o portavoz nacionalista acusou ao Partido Popular de “abandonar aos pequenos propietarios ao esixir un mínimo de media hectárea para poder acceder ás axudas de sacas co que moitos puideron quedar fora das axudas”, tal como xa denunciaron nalgunha ocasión os representantes do sector, “que ademais viron como na orde de axudas para repoboación publicada no DOG de 8 de xaneiro, a mínima extensión requirida elevouse a unha hectárea”, apuntou Veiga, “que lembrou a costume do PP de ser a apisoadora dos débiles e o trampolín dos poderosos”
A Mesa da Madeira desaparecida sen convocarse dende o mes de novembro a pesar dos compromisos co sector
Por último o Portavoz Comarcal Nacionalista, referiuse á desaparición da Mesa da Madeira, órgano onde está representado todo o sector forestal galego, produtores privados, Comunidades de Montes, industria e administración, onde se achegan posturas dos diferentes axentes que operan no sector, “que leva cinco meses sen reunirse pola falta de interese da Consellaría do Medio Rural en convocala”. Veiga “denunciou os incumprimentos dos actuais responsábeis da Consellaría do Medio Rural dos acordos acadados no seu momento co sector no seo da Mesa da Madeira para axilizar a retirada da madeira dos monte ou para informar das axudas a repoboación” , semella apuntou Veiga, “que aos actuais responsábeis da Xunta este foro lles resulta incómodo e optan por conxelar as súas reunións”





















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



