FOZ .- Promafoz, asociación de produtores de madeira de Foz, quere informar aos propietarios de montes deste concello, que por primeira vez se está a desenvolver un procedemento novidoso par... Ler máis
Nota de Prensa A Xunta recoñece que o 70% da madeira tirada polo Klaus en montes de xestión pública da Mariña aínda non foi retirada O goberno do PP de abandona aos pequenos propietarios poñ... Ler máis
NOTA DE PRENSA A deputada popular Emma Álvarez reiterase na afirmación de que en novembro a madeira derrubada polo Klaus estará retirada dos montes de titularidade privada O RESPONSABLE COMA... Ler máis
Nota de Prensa O BNG urxe ao PP a que se pronuncie sobre a supresión da área sanitaria da costa Os parlamentarios do PP emendan a data fixada na súa anterior convocatoria pública Veiga denun... Ler máis
Nota de Prensa Veiga esixe a Xunta a que se retire a madeira do monte tal como se comprometera Máis da metade da madeira derrubada polo Klaus segue no monte O Bloque Nacionalista Galego quer... Ler máis
NOTA DE PRENSA (FNC) A DELEGACIÓN DO CIS DA MADEIRA DE LOURENZÁ COMENZARÁ A TRABALLAR CON 7 TÉCNICOS NAS VINDEIRAS SEMANAS. OS NACIONALISTAS SULIÑAN QUE SUPORÁ UN IMPULSO PARA O SECTOR EN TO... Ler máis
NOTA DE PRENSA (FNC): O BNG MANTÉN HOXE UN ENCONTRO COS PRODUCTORES DE MADEIRA DA MARIÑA PARA ANALIZAR AS REPERCUSIÓNS QUE O TEMPORAL ESTÁ A TER NOS PREZOS. OS NACIONALISTAS NON PERMITIRÁN Q... Ler máis


















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



