NOTA DE PRENSA
A deputada popular Emma Álvarez reiterase na afirmación de que en novembro a madeira derrubada polo Klaus estará retirada dos montes de titularidade privada
O RESPONSABLE COMARCAL NA MARIÑA DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO MINTE E CHEGA A DESCALIFICATIVOS PARA NON ACEPTAR A INCEFICACIA DO ANTERIOR GOBERNO DA XUNTA
Santiago, 15 de setembro do 2009.- A deputada do Partido Popular Emma Alvarez reiterou hoxe as súas palabras en relación a retirada da madeira do Klaus no que se refire a prazos “xa que nun principio a finais de agosto afirmei que a mediados de setembro estaría retirada máis da metade da madeira , feito que se pode constatar a día de hoxe, e reitero o compromiso do Dtor. Xeral de Montes de que en Novembro estará retirada a práctica totalidade da madeira”. Para a deputada o portavoz comarcal do BNG, Antonio Veiga, “parece ser que non entende o que lee”.
“Cando dixen que se levaba retirado o 10% aló polo 28 de agosto era un feito real, non dixen nada que logo debera emendar, os cidadáns deben saber a verdade e dicir que levabamos un maior porcentaxe sería faltarlles a verdade, feito que en min será difícil que Antonio Veiga constante, e me considero unha persoa seria e de fiar e así o demostrei ata o de agora, tanto en política como na vida profesional” indicou a deputada do PPdeG.
Así mesmo recordoulle ao Sr. Veiga que a madeira estará retirada en Novembro e non antes pola ineficacia da orde que elaborou o seu partido no Goberno, “posto que si fora unha orde máis áxil poderíase ter realizado antes, non sería necesario esperar a mediados de xuño para iniciar a tramitación das solicitudes presentadas” . Tamén recalcou que unha vez máis que foi o actual goberno o que tivo que incrementar o orzamento en máis dun 200 % para poder facer fronte ao total das solicitudes presentadas.
Segundo Emma Alvarez “a Antonio Veiga o teñen mal informado dende o seu partido, non é certo que o goberno do PP paralizara os traballos de retirada de madeira iniciados pola empresa pública SEAGA xa que non existiron tales traballos. O único que había feito era a retirada de algo de madeira dos montes de xestión pública e cuadrillas de SEAGA participaron na liberalización de pistas de monte tanto público como privado pero o que é certo e que o bipartito non retirou nin un só metro cúbico de madeira dos montes de titularidade privada . Lástima que o Sr. Veiga entenda mal ata os apuntes que lle pasan do seu partido posto que en tres meses o único que fixeron foi sacar unha orde ineficaz que se instrumentaliza a través de SEAGA”.
Para a deputada popular “a credibilidade dos populares en xeral quedou demostrada o pasado 1 de marzo, non entendo como se pode ser tan hipócrita e non aceptar a realidade , Antonio Veiga, non ten vostede máis que analizar os seus resultados na Mariña, que foron os peores en toda a provincia de Lugo”.
Con estas declaracións Emma Álvarez trata de “poñer fin a este circo mediático que está a facer o BNG en referencia ao KLAUS, non é a miña forma de proceder entrar ao trapo de falsas acusacións persoais nin faltarlle ao respecto a ninguén


















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



