NOTA DE PRENSA
O director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Antonio Bonet, confirmou a preguntas do popular Jose Manuel Balseiro, que o PPdeG levou adiante 276 vivendas en 11 concellos da Mariña fronte as 42 vivendas que executou o bipartito
A XUNTA DO PPdeG CONSTRUÍU SETE VECES MÁIS VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA QUE O BIPARTITO EN TODA A LEXISLATURA
* O IGVS confirmou que investira preto de 2 millóns de euros para recuperar o proxecto anulado polo bipartito para executar 17-18 vivendas no concello de Trabada.
Santiago, 08 de abril de 2010.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol quen sempre mantivo que durante os pasados catro anos de Goberno bipartito a promoción de vivendas a prezos accesibles na Mariña lucense baixo o amparo da administración autonómica foi mínima, veu hoxe confirmada as súas sospeitas no seo da Comisión de Obras Públicas do Parlamento de Galicia. Alí o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Antonio Bonet, deu conta de datos oficiais que demostran que a Xunta do PPdeG na última lexislatura de Manuel Fraga construíu nove veces máis vivendas de promoción pública que o bipartito nos últimos catro anos. De feito, fronte as 276 vivendas en 11 concellos que impulsaron os populares, o Goberno de PSOE e BNG tan só iniciou 42 vivendas nun concello da Mariña, o de Ribadeo, “que nin tan sequera foron capaces de rematar algo que está a facer o actual Executivo”.
Boné facendo unha valoración do traballo desenvolvido polo PP en comparación co bipartito e individualizou a execución das obras da Xunta en materia de vivenda accesible de promoción pública cos seguintes datos: Alfoz 7 vivendas, A Pontenova 24 vivendas , Barreiros 21 vivendas , Burela 32 vivendas, Cervo 25 vivendas e Xove 14 vivendas
PRETO DE DOS MILLÓNS DE EUROS PARA TRABADA
Así o explicou o director xeral do IGVS nunha comparecencia na que tamén deron conta da vontade da Xunta actual de investir preto de 2 millóns de euros para recuperar o proxecto anulado polo bipartito, para executar entre 17 e 18 vivendas de promoción pública no concello de Trabada. Este compromiso que xa foi confirmado a través dunha resposta escrita a este mesmo deputado, supón xa unha actuación en firme do novo Executivo autonómico que desenvolverá en canto dispoña dos terreos cedidos ao efecto e elabore sobre eles o correspondente proxecto construtivo.
UN PROXECTO OBSTACULIZADO POLO BIPARTITO
Balseiro insistiu en que a Xunta do PPdeG “fará realidade aquelo que o bipartito anulou” e o executará consciente de que existe unha demanda social entre os veciños deste concello lucense. O deputado popular sinalou que o proxecto de construción de vivendas sociais en Trabada data de maio de 2005 cando, aproveitando unha resolución da administración autonómica popular, o Concello de Trabada presentou a súa solicitude para desenvolver 18 vivendas. A empresa promotora chegou a adquirir os terreos ao concello e visar o proxecto. Malia todo o cambio de Goberno frustrou esta iniciativa e ainda que, a través dunha nota oficial, a conselleira nacionalista de Vivenda, Teresa Táboas falaba en febreiro de 2006 de que construiría estas vivendas, un mes despois, en marzo de 2006 resolveu anular este proxecto. Esta anulación obrigou ao Concello a adquirir de novo os terreos, a través dunha operación crediticia co conseguinte menoscabo económico.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



