Nota de Prensa
PARA O BNG O CENTRO DE INFANTIL EXISTENTE NO RIVERA CASAS SERÍA O LUGAR IDÓNEO PARA ALBERGAR UNHA GARDERÍA MUNICIPAL
Hai asociacións do concello que veñen reclamando dende fai tempo o uso dos locais da Casa do Mar para as súas actividades
Demoler os locais do que foi o centro de infantil do Rivera Casás como pretende o PP e desaproveitar os recursos existentes
Cervo, 13 de abril de 2010. O BNG non comparte a intención do goberno local de trasladar aos baixos da Casa do Mar de San Cibrao o servizo do Punto de Atención Infantil, na actualidade situado en baixos das vivendas sociais da Atalaia. Para os nacionalistas o anuncio do goberno local demostra falla de planificación e desaproveitamento dos recursos existentes nunha política absurda e desorientada que da as costas aos intereses dos veciños e veciñas.
O que foi centro de infantil do Rivera Casas conta con 600 m2 de superficie e zonas de xogo ao aire libre
Os nacionalistas cervenses non comparten a intención anunciada polo goberno local de negociar a cesión dos locais existentes nos baixos da Casa do Mar para trasladar as instalacións do PAI dende os baixos das vivendas sociais da Atalaia á Casa do Mar. O BNG que sempre criticou por escasos e inadecuados os locais que actualmente ocupa o PAI, considera positivo que agora o goberno local comparta esta opinión, mais entende que o mellor lugar para esta instalación sería a edificación anexa ao Rivera Casas e os seus terreos exteriores por estar perfectamente adaptado e ter superficie tanto interior como exterior mais que suficiente para as necesidades que se precisan. “O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, manifestou que demoler esa instalación como pretende o goberno local despois da súa desafectación, e desaproveitar un recurso que xa existe e non precisa modificacións, nunha actitude “despilfarradora”e impropia dun goberno cabal e razoábel”. “Para Estúa, o PP no canto de aproveitar esas instalacións e xestionar con eficacia o diñeiro público, dedícase a improvisar e a malgastar os recursos públicos con Villares actuando como capataz dunha brigada de demolición”.
O alcalde sabe que hai asociacións do concello que levan tempo reclamando o uso dos locais dos baixos da Casa do Mar e esta e a súa resposta a esas peticións.
Para o BNG non e serio que o alcalde despois de comprometerse a apoiar a cesión de locais dos baixos da Casa do Mar a asociacións que así as solicitaron, agora diga que está xestionando cos seus titulares da Seguridade Social o seu uso para outros fins, “unha vez mais o Sr. Villares demostra falta de seriedade ao responder con este anuncio para saír do paso”. “Estúa lembrou que o anterior goberno galego fixo unha cesión de uso dalgún deses locais a Preescolar na Casa que o goberno local se negou a cumprir e posteriormente houbo outras asociacións que fixeron a mesma solicitude no concello á que se contestou que se estudaría e xa a teñen aquí”
En Cervo o PAI segue sendo de balde polo apoio dunha área de goberno nacionalista da Deputación que triplicou a axuda prestada pola Xunta
Estúa lembrou que goberno local aprobou unha taxa para o servizo do PAI en 2008 que posteriormente tivo que retirar xa que a Área de Benestar Social da Deputación xestionada polo BNG aprobou axudas que financiaban case a totalidade do servizo, na actualidade e grazas á mesma axuda concedida para o curso 2009-2010 por importe de 35.421,08 euros, mais de tres veces superior ao aportado pola Consellaría de Traballo e Benestar Social da Xunta que so aportou 11.835,73 euros, 2.000 menos que o concedido o ano anterior con un goberno nacionalista na Xunta de Galiza.
















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



