BURELA FNC).- O Concello continúa realizando traballos de asfaltado en Burela, segundo informa no día de hoxe o concelleiro de Obras e Servizos. Pascual Doménech asegura que “dende principios do mes de abril atópase en Burela un equipo de asfaltado da Deputación de Lugo composto de rodillo compactador, camión semirremolque de transporte de áridos e camión con cuba de rego asfáltico. Os operarios están a traballar conxuntamente co persoal da brigada de obras do Concello de Burela, están a realizar a pavimentación de pistas no barrio de Vilar, na zona de Campo Capelo, no camiño da Limosa, que une Suafonte co paseo marítimo de O Cantiño, e a semana que ven actuarán en rúas do barrio de Vila do Medio”.
O edil socialista conta que “tamén estiveron esta semana e a anterior pavimentando o aparcamento interior do campo de fútbol de A Marosa, cumprindo unha vella reivindicación tanto da S.D. Burela, como dos afeccionados e practicantes que se acercan a facer uso das instalacións deportivas. E remataron tamén a explanada exterior que sirve de estacionamento para a praia de A Marosa, que se atopaba en moi mal estado, para dar servizo aos bañistas do areal e aos usuarios do paseo marítimo”. Doménech Gruñeiro considera que “agora que estamos ás portas da temporada estival, era unha reparación moi solicitada por todos os bureleses e visitantes que se acercan a disfrutar do seu ocio nunha das praias máis fermosas de A Mariña”.

























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



